Mañá 1 de novembro con motivo do Dia de Santos ampliarase o servizo de liñas de autobuses dende a Ronda da Muralla ao Cemiterio

O Concello de Lugo  reforzará mañá sábado 1 de novembro as liñas de autobuses urbanos de cara o cemiterio.

Para isto refórzase a liña 5E que circulará co seu percorrido e horarios habituais, reforzándose o servizo de transporte urbano ao cemiterio con 2 buses a maiores. O horario será de 9,30 a 19,00 horas con saídas cada 20 minutos dende a parada na Ronda da Muralla frente ao edificio de Sindicatos ata o Cemiterio e con volta polo mesma ruta.

Venres, 31 de outubro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo  reforzará mañá sábado 1 de novembro as liñas de autobuses urbanos de cara o cemiterio. Para isto refórzase a liña 5E que circulará co seu percorrido e horarios habituais, reforzándose o servizo de transporte urbano ao cemiterio con 2 buses a maiores. O horario será de 9,30 a 19,00 horas con saídas cada 20 minutos dende a parada na Ronda da Muralla frente ao edificio de Sindicatos ata o Cemiterio e con volta polo mesma ruta.

Ademais, para conmemorar a festividade de Santos, o día 1 de novembro, terá lugar a actuación do grupo de música clásica Stranniki no Cemiterio Municipal ás 12.00 e as 17.00 horas, que acompañará ás persoas visitantes nos seus momentos íntimos de lembranza e de recordo de familiares e amigos falecidos.

Como ben sendo costume o día 2 celebrarase a ofrenda que a Corporación Municipal fai a todos os defuntos, que tamén estará acompañada por unha actuación musical interpretada polo grupo Stranniki.

O xoves 13 de novembro terá lugar o III Concerto da Lembranza, no que se fará a entrega dos premios aos gañadores dos dous concursos amenizado por un concerto e por lecturas en recordo dos falecidos. Para máis información na web do Cemiterio Municipal: www.lugo.es/ws/cemiterio/

Noticias relacionadas