Maite Ferreiro visitou os museos municipais para avanzar na solución das deficiencias existentes

Maite Ferreiro: “poñeremos en marcha un plan de mantemento para evitar novas incidencias que condicionen a experiencia de cada instalación”

“Non se trata únicamente de inversións económicas, trátase máis ben de coordinar diferentes servizos municipais e de actualizar o mantemento”, indicou Maite Ferreiro

Mércores, 12 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro visitou os museos municipais para avanzar na solución das deficiencias existentes

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou as instalacións da rede de salas museísticas municipais “para avanzar na solución das deficiencias existentes nestas instalacións”. Segundo Maite Ferreiro, “non se trata únicamente de realizar inversións económicas, trátase máis ben de coordinar os diferentes servizos municipais e de actualizar o mantemento”.

“Dende a área de Cultura estamos a traballar para que as salas dependentes do Concello funcionen da mellor maneira posíbel”, indicou a concelleira de Cultura, que engadiu “unha vez estas incidencias estén completamente solventadas, poñeremos en marcha un plan de mantemento para evitar ao máximo posíbel novas incidencias que condicionen a experiencia de cada instalación, traballando nun segundo nivel, na renovación das instalacións, evitando así que queden obsoletas”.

“En gran medida trátase de substituír lámpadas fundidas, revisar pantallas que non funcionan, colocar deshumidificadores para evitar humidades nos edificios e renovar”, indicou Maite Ferreiro. “Unha das nosas liñas de traballo dende a área de Cultura é a dinamización das actividades e das instalacións para convertelas en referentes culturais e reclamos turísticos”, declarou Maite Ferreiro, e engadiu “nesta liña, temos claro que o mantemento das instalacións”.

Audio

  • A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre as visitas ós museos | Descargar mp3

Multimedia

  • Maite Ferreiro visitou os museos municipais para avanzar na solución das deficiencias existentes

Noticias relacionadas