Maite Ferreiro presentou a exposición de Vanessa Somoza “Prontuario”

A exposición poderá visitarse até o 8 de marzo

Xoves, 19 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presentou a exposición de Vanessa Somoza “Prontuario”

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou no día de “Prontuario”, unha exposición de pintura que a artista lucense Vanessa Somoza mostra no Vello Cárcere. “Con esta exposición o recordo está garantido xa que unha ollada á mesma convídanos á reflexión, remóvenos por dentro, fainos pensar, e iso fai que quede atrapada nas retinas e memoria durante moito tempo”, declarou Maite Ferreiro.

Maite Ferreiro indicou que “esta exposición é unha mostra máis do talento que temos neste concello, e dende a área de Cultura estamos honradas de poder axudar a que se mostre á veciñanza, porque esta é, ao noso parecer, unha das funcións da área de Cultura”.

A exposición poderá visitarse nas celas de homes da pranta baixa do Vello Cárcere até o 8 de marzo.

Multimedia

  • Maite Ferreiro presentou a exposición de Vanessa Somoza “Prontuario”
  • Maite Ferreiro presentou a exposición de Vanessa Somoza “Prontuario”

Noticias relacionadas