Maite Ferreiro presenta a XXI edición da Mostra de Teatro Clásico, organizada pola área de Cultura

“Este ano contamos con 9 obras teatrais de primeira calidade, éxito de crítica e de público en diversos festivais de todo o Estado”, explicou Maite Ferreiro

A XXI edición da Mostra de Teatro Clásico terá lugar entre o 4 e o 21 de marzo no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Venres, 26 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta a XXI edición da Mostra de Teatro Clásico, organizada pola área de Cultura

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a XXI edición da Mostra de Teatro Clásico, que este ano contará con 9 obras que encherán o Auditorio Municipal Gustavo Freire de cultura de calidade durante o mes de marzo. “Por segundo ano consecutivo, apostamos por concentrar a mostra no mes de marzo para facer máis doada a afluencia do público e a difusión da propia Mostra”, explicou Maite Ferreiro.

A Mostra de Teatro Clásico do 2021 contará tamén cunha importante aposta polas compañías galegas que no 2020 comezaron a producir obras clásicas. “Este ano case un 50% das obras son de compañías de traxectorias contrastadas como Chévere, Producións Teatrais Excéntricas ou Elefante Elegante”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “este ano incluiremos tamén a estrea absoluta de Quixote, de Pedras de Cartón, que forma parte da oferta para público familiar que se achega á Mostra de Teatro Clásico”.

Programación XXI Mostra de Teatro Clásico

Xoves 4, 20:00 Estrela de Día, de Produccións Excéntricas.

Xoves 6, 18:30 Castelvines & Monteses. Los amantes de Verona según Lope, de Barco Pirata e CNTC.

Premios

  • Premio Ceres 2013 a mellor director por Tempestad e Un Trozo Invisible de Este Mundo
  • Nominación premios MAX 2014 a mellor director por Un Trozo Invisible de Este Mundo
  • Premio MAX 2014 a mellor espectáculo por Un Trozo Invisible de Este Mundo
  • Nominación premio Valle-Inclán a mellor dirección por La Cocina
  • Nominación premios ADE 2017 a mellor dirección por La Cocina
  • Premio Ercilla 2018 a mellor espectáculo por Lehman Trilogy
  • Mención Festival de San Javier 2018 a mellor director e espectáculo por Lehman Trilogy
  • Nominación premios MAX 2019 a mellor espectáculo por Lehman Trilogy

Domingo 7, 18:30 Quixote, de Pedras de Cartón.

  • Duración: 45 minutos.
  • Idade recomendada: a patir de 3 anos.
  • Estrea absoluta en Lugo.

Xoves 11, 20:00 Bojiganga de Teatro del Cuervo.

Premios

  • Premio OH! 2020 a mellor vestiario e caracterización
  • Premio OH! 2020 a mellor escenografía e espazo escénico
  • Premio OH! 2020 a mellor produción
  • Premio OH! 2020 a mellor dirección

Sábado 13, 18:30 Dreaming Julliet de Elefante Elegante.

Domingo 14, 18:30 Celestina, la tragiclownmedia, de La Escalera de Tijera.

Xoves 18, 20:00 As fillas bravas. O mito de Casandra, de Chévere.

Premios

  • Única compañía galega gañadora do Premio Nacional das Artes Escénicas

Sábado 20, 18:30 Hamlet, de Teatro do Chapitó.

  • Duración: 90 minutos.
  • Idade recomendada: a partir de 13 anos.
  • Tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=ExaZybil88U
  • Compañía gañadora de numerosos premios do público en festivais galegos como o de Cangas ou o de Cariño, e en moitos outros certames do estado.

Domingo 21, 18:30 Andanzas y entremeses de Juan Rana, de Ron Ralá.

Premios

Premio MAX das artes escénicas

  • Mellor espectáculo musical no 2017 por Cervantina
  • Mellor produción/empresa das artes escénicas no 2013 por Siglo de Oro, siglo de ahora
  • Finalista á mellor adaptación no 2017 por Cervantina
  • Finalista a mellor actor de reparto no 2017 por Cervantina
  • Finalista a mellor espectáculo musical en 2012 por Siglo de Oro, siglo de ahora e no 2015 por En un lugar del Quijote
  • Finalista a espectáculo revelación no 2009 por Mundo y Final
  • Premios José Estruch do Teatro Principal de Alicante a Mellor Espectáculo e Mellor Director por Cervantina
  • Premio do público FIOT en Carballo no 2013 por Siglo de Oro, siglo de ahora e no 2015 por En un lugar del Quijote
  • Premio do público no Festival de Cartaya no 2015 por En un lugar del Quijote
  • Premio do público no Festival de Ribadavia no 2014 por En un lugar del Quijote
  • Premio do público do Teatro Rojas de Toledo en 2014 por En un lugar del Quijote
  • Premio Ceres do Festival de Mérida a mellor vestiario en 2014 por En un lugar del Quijote
  • Finalista do Premio de teatro Valle-Inclán de 2013 por Siglo de Oro, siglo de ahora
  • Premio do Público, Mención Especial do Xurado e Mellor Director no Certame de Teatro Garnacha da Rioxa en 2011 por TIME al tiempo
  • Finalistas do Premio de Teatro Mayte de 2007 por Mi misterio del interior

Entradas e bonos

A área de Cultura pon á disposición da veciñanza un bono para 8 representacións cun prezo de 35€.

A obra Quixote, para público familiar,  terá un prezo único de 5€, e é a única representación non incluída nos bonos.

As entradas teñen un prezo de 8€ na zona A e 6€ na zona B, e contarán con descontos para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG, quedando as entrdas en 5€ para a zona A e 3.75€ para a zona B.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a XXI edición da Mostra de Teatro Clásico | Descargar mp3

Multimedia

  • Maite Ferreiro presenta a XXI edición da Mostra de Teatro Clásico, organizada pola área de Cultura

Noticias relacionadas