Maite Ferreiro presenta a programación do Auditorio Municipal para o primeiro semestre de 2022

Maite Ferreiro animou "a descubrir e desfrutar do teatro con esta programación ampla e de calidade"

A área de Cultura organiza 28 actividades culturais con contidos para diversos públicos que terán lugar entre o 13 de xaneiro e o 5 de xuño de 2022

Sábado, 08 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta a programación do Auditorio Municipal para o primeiro semestre de 2022

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a programación teatral que terá lugar no Auditorio Municipal durante o primeiro semestre de 2022. Maite Ferreiro explicou que "en total son 28 propostas, para distintos públicos, con actuacións de grupos de teatro de recoñecida calidade que conseguiron distintos premios”.

"Quixemos poñer o foco nas producións de artes escénicas de mellor calidade feitas na Galiza, que serán o fío condutor da programación, e contaremos tamén con obras internacionais de calidade contrastada", explicou Maite Ferreiro, que engadiu "esta programación está pensada para o deleite das amantes do teatro e para facilitar un achegamento a esta arte por primeira vez".

A programación inclúe un total de 14 propostas para público adulto e 14 para familias. Para acceder ao recinto será preciso adquirir entrada no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e 3 nas actividades familiares. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.

Máis info

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a programación cultural do 1º semestre de 2022 | Descargar mp3

Noticias relacionadas