Maite Ferreiro presenta a programación do Auditorio Municipal enmarcada no segundo semestre de 2020

Maite Ferreiro animou “a descubrir e desfrutar do teatro con esta programación” e lembrou que a cultura é segura

A área de Cultura organiza 18 actividades culturais con contidos para diversos públicos

Mércores, 14 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta a programación do Auditorio Municipal enmarcada no segundo semestre de 2020

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a programación teatral que terá lugar no Auditorio Municipal até final de ano, enmarcada na programación do segundo semestre do 2020. Maite Ferreiro explicou que “en total son 18 propostas, que unen as xa programadas no primeiro semestre e que tiveron que ser adiadas pola pandemia e as programadas especificamente para este semestre”.

“Quixemos poñer o foco nas producións de artes escénicas de mellor calidade feitas na Galiza, que serán o fío condutor da programación, e contaremos tamén con obras internacionais de calidade contrastada”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “esta programación está pensada para o deleite das amantes do teatro e para facilitar un achegamento a esta arte por primeira vez”.

A programación inclúe un total de 12 propostas para público adulto e 6 para familias. Para acceder ao recinto será preciso adquirir entrada no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e 3 nas actividades familiares. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.

Todas as representacións cumprirán cos protocolos habituais nas actividades organizadas pola área de Cultura. Maite Ferreiro lembrou que “asistir a actividades culturais pode facerse de maneira segura” e animou á veciñanza “a descubrir e desfrutar do teatro con seguridade”.

Programación segundo semestre

  • 18 de outubro. “FALAR POR FALAR” de Volta e Dálle Teatro
  • 22 de outubro. “ONDE VIVEN OS MONSTROS” de Os Náufragos Teatro (familiar)
  • 25 de outubro. “CELEBRARÉ MI MUERTE” de Joan Fernández
  • 29 de outubro. “CASTRAPO” de Os Náufragos Teatro
  • 30 de outubro. “HARA” SOLO A DOS VOCES, de Andrés Corchero e Agustí Fernandez
  • 1 de novembro. “PíNCONÚS” de Pínconús (familiar)
  • 5 de novembro. “NÓMADES” de Xarope Tulú (familiar)
  • 6 de novembro. “LEIRA” de Nova Galega de Danza
  • 8 de novembro. “O MELLOR DOS CATRO E.” de Pepe Vaamonde
  • 12 de novembro. “ELECTRA” de Teatro do Chapitô
  • 13 de novembro. “AS V. MÁIS LONGAS” de Diego M. Buceta
  • 15 de novembro. “MAI MAI” de Baobab Teatro (familiar)
  • 19 de novembro. “SÓ” de Xampatito Pato (familiar)
  • 22 de novembro. “FURIA NECESARIA” de AldaoLado
  • 26 de novembro. “SOFÍA E AS POSTSOCRÁTICAS” de Inversa Teatro
  • 29 de novembro. “CRÓNICAS DO PARAÍSO” de Sarabela teatro
  • 3 de decembro. “CARABELA” de Galeatro (familiar)
  • 10 de decembro. “BERNARDA VILALBA 1975” de Malasombra Teatro

Máis info

  • Programación do Segundo Semestre 2020 - "Auditorio Municipal Gustavo Freire" | Descargar pdf

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a programación teatral do Auditorio Municipal | Descargar mp3

Multimedia

  • Maite Ferreiro presenta a programación do Auditorio Municipal enmarcada no segundo semestre de 2020

Noticias relacionadas