Maite Ferreiro presenta o ciclo de visitas escolares ao Vello Cárcere Un edificio con boa Memoria

A programación, dirixida aos ciclos de Educación Primaria, ofertarase ata o mes de xuño de 2022, coincidindo co remate do período lectivo.

Domingo, 20 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta o ciclo de visitas escolares ao Vello Cárcere Un edificio con boa Memoria

A concelleira de Cultura, turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o ciclo de Programación Escolar do Centro Sociocultural O Vello Cárcere. Baixo o título Un edificio con boa memoria, a área de Cultura achegará o Vello Cárcere a todos os centros de ensino de Galiza “cunha visita guiada ao centro que contará con diversas actividades para facilitar a actividade formativa”, explicou Maite Ferreiro

Baixo o título ‘Un edificio con boa Memoria’, o novo Programa de Visitas escolares pretende achegar, de xeito dinámico e divertido, a Historia e o Patrimonio Cultural de O Vello Cárcere aos centros de ensino de toda Galiza. “Trátase dunha proposta proxectada polo Espazo Didáctico do Centro, que abrangue as orixes do cárcere no século XIX a través dunha visita guiada acompañada de diferentes actividades adaptadas aos distintos ciclos de Primaria”, afirmou a Concelleira de Cultura.

Os centros educativos interesados poderán reservar a súa visita contactando co Centro por teléfono ou por correo electrónico.

Multimedia

  • Maite Ferreiro presenta o ciclo de visitas escolares ao Vello Cárcere Un edificio con boa Memoria

Noticias relacionadas