Maite Ferreiro presenta “Atopémonos danzando. Xornadas de danza en Lugo”

Maite Ferreiro destacou que estas xornadas son “ un encontro das artes do movemento”

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua presentou estas xornadas que empezan este decembro e rematarán ao final do primeiro trimestre de 2021

 
Sábado, 12 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta  “Atopémonos danzando. Xornadas de danza en Lugo”

A concelleira da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou “Atopémonos danzando. Xornadas de danza en Lugo”.

Seguindo a liña de traballo que a área está desenvolvendo no apoio e a promoción das actividades culturais, garantindo a seguridade das mesmas, mantendo vivo o tecido cultural da cidade e axudando a que a cultura, máxime nestes tempos, como unha opción real de ocio.

Maite Ferreiro declarou “presentamos da man de Colectivo Glovo estas xornadas de danza “Atopémonos danzando”, un encontro das artes do movemento, nomeadamente a danza, na nosa cidade que comeza en decembro e remata no primeiro trimestre do 2021”

As actividades que abranguen estas xornadas son as seguintes:

Obradoiro de Colectivo Glovo. 21 de decembro de 17h a 19h. Na sala de danza e teatro da USC para todos os públicos, cun máximo de 10 participantes e no que se poderá reservar praza enviando un correo a galiciadanzacontemporanea@gmail.com

Mostra aberta “Fin de residencia artística de MAPA” de Colectivo Glovo. 22 de decembro. Patio do Vello Cárcere. Para todos os públicos e con reserva de praza no teléfono 982297195 ou no correo vellocarcere@concellodelugo.org

O resto de actividades que terán lugar no 2021 inclúen diversos obradoiros e funcións de danza da man de artistas coma Cris Vilariño, Diego M. Buceta, Alejandro Balboa ou a Cia Exire.

Noticias relacionadas