Maite Ferreiro presenta as actividades organizadas pola área de Cultura polo 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Ferreiro: “contaremos con poesía e música para celebrar esta data, importante para todas as veciñas e veciños de Lugo”

As actividades realizaranse no adarve da muralla durante a tarde do día 30

Xoves, 25 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentou as actividades coas que o Concello de Lugo celebrará o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. As actividades terán lugar durante a tarde do martes 30, “contaremos con poesía e música para celebrar esta data importante para todas as veciñas e veciños de Lugo”.

As actividades comezarán ás 17:00, o coro e ensembles de clarinetes do conservatorio Xoan Montes actuará na praza Pío XII, interpretando distintas pezas de Beethoven, Pachelbel ou Mozart, entre outros.

A partir das 19:00, sairá da porta de Santiago un roteiro poético musical, organizado pola área de Cultura e a revista lucense de creación poética Xistral. Contará coa participación de distintos músicos da cidade, entre os que se atopan Yuri, Rulos, Cántigas e Frores ou a Volta do Agro, e con distintas persoas recitando poesía nas distintas paradas do roteiro.

Audio

  • A edil de Cultura, Maite Ferreiro, sobre as actividades da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade | Descargar mp3

Noticias relacionadas