Maite Ferreiro presenta a 74 tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo

”Desde a área de Cultura do concello mantemos a nosa firme aposta na cultura segura”, afirmou Maite Ferreiro

Comezarán o 18 de outubro coa Real Filharmonía de Galiza

Xoves, 15 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro presenta a 74 tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo ”Desde a área de Cultura do concello mantemos a nosa firme aposta na cultura segura”, afirmou Maite Ferreiro

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participou hoxe na presentación da 74 tempada da Sociedade Filarmónica de Lugo. Un total de 10 concertos, con orquestras, solistas e agrupacións de cámara de primeira fila, que terán lugar no Círculo das Artes entre os meses de outubro e maio de 2021. Maite Ferreiro lembrou que “desde a área de Cultura continuamos coa nosa aposta firme pola realización de actividades culturais seguras para reactivar o sector e reducir as consecuencias da crise sanitaria” e agradeceu “o compromiso da sociedade Filarmónica por manter esta actividade xa consolidada no calendario cultural de Lugo”.

A programación desta tempada retoma os concertos adiados polo inicio dea crise sanitaria, xunto con novas propostas de gran nivel galego, estatal e internacional. Ábrese a tempada co concerto que ofrecerá a Real Filharmonía de Galicia coa batuta do director Jan Willen de Vriend, o programa está adicado íntegramente a obras de W. A. Mozart entre as que se inclue a súa coñecida Sinfonía nº 40. Será o próximo 23 de outubro no Círculo das Artes, ás 20:15 h.

Entre as agrupacións que participarán nos concertos do primeiro cuatrimestre da tempada pódense destacar o Dúo Cassadó (25 de novembro) o Ensemble Trifolium, grupo significado na interpretación historicista e que con un programa baseado na música de Joao Pedro de Almeida actuará o 2 de decembro, o Ensemble 1700 dirixido por Daniel Pinteño o 19 de decembro  e, o 16 de xaneiro, o cuarteto de corda máis internacional na actualidade do noso país: o Cuarteto Quiroga que será protagonista do que será o concerto nº 700 da Sociedade Filarmónica de Lugo.

Todos os concertos do ciclo serán no Círculo das Artes de Lugo ás 20:15 h. Debido ás limitacións de aforo, impostas polas autoridades e as normas sanitarias para a prevención da Covid-19, para asistir aos concertos é necesario reservar as entradas, cunha antelación mínima de 48 horas, no teléfono 982 230 805 ou no  correo electrónico filarmonicadelugo@gmail.com.

Audio

  • A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre os concertos da Sociedade Filarmónica | Descargar mp3

Multimedia

  • Maite Ferreiro presenta a 74 tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo ”Desde a área de Cultura do concello mantemos a nosa firme aposta na cultura segura”, afirmou Maite Ferreiro

Noticias relacionadas