Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a mostra de títeres da Colección Viravolta Títeres

A mostra poderá visitarse até o 30 de outubro no Vello Cárcere

Ferreiro: “esta exposición axudará a entender o mundo dos títeres e a desfrutar destas pezas únicas”

Xoves, 29 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a mostra de títeres da Colección Viravolta Títeres

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou no Vello Cárcere a nova mostra de títeres procedente da Colección Viravolta Títeres, que abre hoxe as súas portas.

Maite Ferreiro afirmou que "esta mostra permitiranos coñecer as distintas pezas necesarias para o funcionamento dun espectáculo de títeres, mediante distintos materiais utilizados por Viravolta Títeres durante a súa carreira”. Ademais, a edil de Cultura destacou que “a exposición axudará a entender o mundo dos títeres e a desfrutar destas pezas  únicas procedente dunha das formas de expresión cultural con máis traxectoria da cultura galega”.

A mostra poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 30 de outubro.

Viravolta Títeres

A compañía Viravolta Títeres fundárona Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado no ano 1982. Trátase dunha das compañías máis antigas de Galiza. Na actualidade contan cun repertorio amplo con máis de 30 obras de diversos formatos: animacións de rúa, espectáculos de medio e gran formato, nos que combinan as marionetas coa música de cámara ou tradicional.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a Colección Viravolta Títeres | Descargar mp3

Multimedia

  • Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a mostra de títeres da Colección Viravolta Títeres
  • Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a mostra de títeres da Colección Viravolta Títeres

Noticias relacionadas