Maite Ferreiro inaugura a exposición Os nosos Océanos, organizada por Afundación coa área de Cultura

Maite Ferreiro: “continuamos enchendo as rúas de cultura de calidade, garantindo que toda a veciñanza teña acceso a un ben de primeira necesidade”

A exposición poderá visitarse ata o 10 de xuño no fondo da praza Maior

Mércores, 12 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro inaugura a exposición Os nosos Océanos, organizada por Afundación coa área de Cultura

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Fereiro, participou esta mañá na inauguración da exposición Os nosos Océanos, organizada por Afundación, e que conta coa colaboración da área de Cultura. “Continuamos achegando propostas culturais de calidade, neste caso enchendo as rúas de Lugo de Cultura, para garantir que toda a veciñanza teña acceso a un ben de primeira necesidade como é a cultura e o coñecemento”.

Os nosos océanos conta dunha serie de paneis, instalados no fondo da praza Maior, que conteñen unha selección de imaxes da biodiversidade mariña. Os nosos océanos pretende espertar ás veciñas e veciños que o océano é o berce da vida, regulador de todos os elementos básicos do clima e depuradora natural de contaminacións, ademais de provedores de alimentos e materias primas.

A exposición poderá visitarse no fondo da praza Maior ata o 10 de xuño. Maite Ferreiro animou ás veciñas e veciños de Lugo “a acudir a unha mostra cultural de primeiro nivel que combina mensaxes, beleza, transcendencia e emocións”.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Fereiro, sobre a exposición Os nosos Océanos | Descargar mp3

Multimedia

  • Maite Ferreiro inaugura a exposición Os nosos Océanos, organizada por Afundación coa área de Cultura

Noticias relacionadas