Maite Ferreiro explicou que todas as docentes da Escola Municipal de Música deron negativo nunha proba PCR realizada tras o nadal

"Esta proba é unha das medidas que estamos a tomar para que a Escola Muncipal de Música siga a funcionar co risco mínimo durante a pandemía" sinalou Ferreiro

Ademais de probas PCR ás persoas docentes as aulas están dotadas de xel hidoralcholico e tomanse as pertinentes medidas de ventilación

Venres, 15 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingüa, Maite Ferreiro, informou de que tras a vacacións de nadal fixéronse, dende a Área que dirixe, probas PCR a todas as persoas docentes da Escola Muncipal de Música. "Afortunadamente todas as probas deron negativo, e aínda que seguiremos poñeno a máxima atención a posibles gromos, pódese dicir que reiniciamos o curso con certa tranquilidade" explicou a edil de cultura. Maite Ferreiro quixo agradecer "o compromiso e implicación tanto do persoal docente como do alumnado" e sinalou que "sabemos  que todo o mundo está a tomar as máximas precaucións para evitar os contaxios nun espazo no que tratamos de preservar a actividade e mantendo as medidas preventivas necesairas"

Dende a Área de Cultura saiuse ao paso das declaracións feitas por integrantes do partido popular durante estes días "agradecemos a súa preocupación e entendemos que, dende a oposición, fagan o control das diferentes dependencias muncipais" dixo Maite Ferreiro que sinalou "durante os vindeiros días vaise facer unha reposición de material de prevención e garantimos a seguridade nas instalacións dependentes da Escola Municipal de Música".

Ferreiro lembrou que, como se explicou en días pasados, continuan con "total normalidade e tal e como estaba previsto" as probas de selección para novo Director de Banda de Música que asumirá, tamén, a xefatura de servizo e a dirección da Escola Muncipal de Música.

Audio

  • A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingüa, Maite Ferreiro, sobre a Escola de Música | Descargar mp3

Noticias relacionadas