Maite Ferreiro: “durante a semana cultural do San Froilán a veciñanza de Lugo demostrou o seu apoio ao sector cultural”

A edil de Cultura destacou que Lugo “Lugo converteuse en exemplo durante estes días de como se pode garantir o acceso á cultura con seguridade”

Ferreiro destacou a colaboración do persoal municipal e das distintas empresas e asociacións que se implicaron na organización da semana cultural

Maite Ferreiro: “sen a prudencia e a responsabilidade da veciñanza de Lugo, o San Froilán non sería posíbel este ano”

Martes, 13 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro: “durante a semana cultural do San Froilán a veciñanza de Lugo demostrou o seu apoio ao sector cultural”

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, fixo balance semana cultural do San Froilán. A responsable de Área de Cultura indicou que “damos por cumprido o obxectivo de colaborar na reactivación do sector cultural e e demostrar que a cultura é un ben de primeira necesidade no que non se descoida a seguridade”.

Maite Ferreiro aproveitou para facer un agradecemento especial a todas as persoas, empresas e colectivos que dun xeito ou outro participaron na organización desta semana cultural, facendo especial mención aos diferentes departamentos e persoal do concello que “durante todo o tempo traballaron de xeito continuado para que esta semana cultural se pudese levar adiante e se garantiran todas as medidas de seguridade, como foi o caso do persoal de cultura, policía local, bombeiros ou o servizo de limpeza”.

“Lugo é xa o exemplo de como facer unha aposta seria pola cultura”, afirmou Maite Ferreiro, que destacou a participación de colectivos e asociacións que encadraron as súas actividades no programa da semana cultural, xunto coa participación dos máis pequenos nas múltiples actividades do San Froilán Miúdo.

A edil de Cultura afirmou que “a veciñanza de Lugo foi tamén un exemplo de responsabilidade durante estes días”. Segundo Maite Ferreiro, “as veciñas e veciños de Lugo continuaron a mostrar prudencia e responsabilidade ante a crise sanitaria da mesma maneira que nos últimos meses”. “Sen esta gran colaboración da veciñanza, a semana cultural do San Froilán non sería posíbel este ano”, sentenciou Maite Ferreiro.

Audio

  • A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a valoración do San Froilán | Descargar mp3

Noticias relacionadas