Maite Ferreiro: ”desde a área de Cultura colaboraremos cos concellos que queiran replicar o modelo de semana cultural deste San Froilán”

A concelleira de Cultura mantivo unha xuntanza con integrantes de agrupacións locais que participaron da semana cultural do San Froilán

Ferreiro: “estamos buscando fórmulas para achegar a cultura dun xeito seguro nos meses de inverno”

Xoves, 22 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro: ”desde a área de Cultura colaboraremos cos concellos que queiran replicar o modelo de semana cultural deste San Froilán”

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantivo unha xuntanza con representantes de agrupacións musicais locais que participaron na semana cultural do San Froilán para conversar sobre a cultura segura e as adaptacións que se tiveron que levar a cabo para que o San Froilán puidese saír adiante este ano. Maite Ferreiro declarou que “nesta semana cultural apostamos polo tecido cultural local dunha maneira especial, aplicando unha serie de protocolos sanitarios que demostraron que o acceso á cultura de maneira segura pode garantirse”. A edil de Cultura afirmou que “o modelo aplicado en Lugo é exportable a outros lugares”, e engadiu “desde a área de Cultura colaboraremos cos concellos que queiran apostar pola cultura segura facéndolles chegar o noso modelo para que o poidan replicar”.

Na palestra, titulada Como foi a semana cultural do San Froilán, Maite Ferreiro recollerá conversou con representantes das agrupacións locais que participaron nas distintas actividades. A palestra contou coa participación da cantante Iria Estévez, Bruno Villamor, de Cántigas e Frores, Mercedes Gómez de Skintight e Silvia Viñas de Mixtape.

Ferreiro agradeceu a todas as agrupacións, artistas, empresas e ao persoal do concello a implicación que demostraron para que o San Froilán fose adiante, ao mesmo tempo que agradeceu “a labor dos medios de comunicación, que trasladaron e transmitiron seguridade e información de todo o proceso”. Ferreiro lembrou tamén “a todo o público asistente, que co seu comportamento fixo posíbel que esta semana cultural se desenvolvese de xeito seguro”.

A edil de Cultura avanzou que, coas complicacións das actividades no exterior derivadas das temperaturas do inverno, “desde a área de Cultura estamos a traballar en atopar novas fórmulas que nos permitan achegar a cultura a todas as veciñas e veciños dun xeito seguro, axudando e promocionando o tecido cultural lucense e galego”.

Multimedia

  • Maite Ferreiro: ”desde a área de Cultura colaboraremos cos concellos que queiran replicar o modelo de semana cultural deste San Froilán”

Noticias relacionadas