Máis de dous millóns de persoas utilizaron o bus urbano durante o 2019

Rubén Arroxo: “Houbo un incremento de máis de 25.000 persoas con respecto ao ano 2018”

A área de Mobilidade continuará a realizar campañas para promover o uso do transporte público

Luns, 13 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de dous millóns de persoas utilizaron o bus urbano durante o 2019

O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que durante o ano 2019, un total de 2.156.828 persoas utilizaron o bus urbano. “Isto supón un aumento de 25.269 persoas con respecto ao 2018”, declarou Rubén Arroxo. “Durante os últimos meses levamos realizando campañas de concienciación para promocionar o uso do transporte público”, indicou Arroxo.

O Tenente de Alcalde lembrou que “Lugo segue a ser a cidade do estado co prezo do abono de bus máis barato”, e engadiu que “continuaremos a mantelo porque o transporte público debe ser un servizo accesible para toda a veciñanza”.

Ao respecto das novas liñas, Rubén Arroxo declarou que se está traballando en "transformar a mobilidade de lugo por unha mobilidade moito máis sostíbel onde o transporte público sexa fundamental”. Rubén Arroxo indicou tamén que “dende a área de Mobilidade continuamos a traballar nas novas liñas de bus e no funcionamento das pantallas informativas para que sexan unha realidade canto antes”.

Audio

  • O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre a utilización do bus urbano | Descargar mp3

Noticias relacionadas