Máis de 8.000 mozos e mozas participaron ao longo do ano nas actividades programadas pola área de Xuventude

Martes, 05 de agosto de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As Asesorías Xuvenís e os obradoiros e talleres reuniron a máis de 3.000 persoas durante o curso 2013/2014

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, fixo balance esta mañá dos diferentes programas que se levaron a cabo ao longo deste curso promovidas dende a área de Xuventude.

Desta maneira, máis de 8.000 mozos e mozas, asistiron a cursos, obradoiros e actividades organizadas especialmente para a cidadanía de entre 12 e 35 anos polo Concello de Lugo.

Así, dende outubro do 2014, achegáronse pola Casa da Xuventude máis de 3.000 persoas, das que máis de mil acudiron aos talleres de elaboración para o Arde Lucus.  Tamén, dende xaneiro, tiveron lugar 9 cursos e 16 obradoiros que reuniron a 330 participantes que realizaron cursos de monitor de tempo libre, de cociña internacional, de fotografía, alemán, inglés, ou talleres de pilates, ioga, coiro, velas ou restauración de mobles.

Carmen Basadre destacou a “importante afluencia de mozos e mozas pola Casa da Xuventude e as actividades que alí se organizan especialmente nos último ano consolidandose como un espazo necesario para a cidade”.

A estes datos hai que engadir os participantes dentro do programa M.A.X., Movida Alternativa Xuvenil, que ofrece un ocio alternativo para as tardes-noites dos fines de semana e que engloba unha ampla oferta de actividades gratuítas na Casa da Xuventude ata patinaxe, ou tiro con arco, sendo algunhas abertas e outras con inscrición previa.

Neste caso, 2.584 mozos e mozas participaron neste programa que promove a sustitución das saídas con alcol por outras actividades alternativas. O programa e as súas actividades están pensados para xoves entre 12 e 35 anos, anque as súas características permiten a participación de toda a familia.

PreviLugo

O programa PreviLugo ten como obxectivo a prevención e formación a través de programas de intervención e tentan ser una ferramenta de traballo para fomentar en valores como a igualdade ou a non violencia. Nesta ocasión participaron nove institutos públicos da cidade.

Este curso ofertáronse diferentes obradoiros e charlas formativas con material audiovisual no que participaron un total de 2.875 alumnos e alumnas de ESO e BAC dos centros públicos. Dentro dos obradoiros ofertáronse Habilidades sociais, que foi o máis demandado polos centros, seguido de Técnicas de estudo, Resolución de conflictos, Educación afectivo sexual e Orientación laboral.

Tamén se incorporaron sesións de charlas formativas apoiadas con material audiovisual sobre A boa alimentación e os tratornos alimentarios, que foi a máis demandada, o Acoso: Bulling, as Redes Sociais, e o Conflicto.

Asesorias Xuvenís

Por outra parte, a responsable da área de Xuventude, tamén deu conta do número de casos atendidos polas asesoría xuvenis xurídica e psicolóxica. Así, foron 61 persoas dos cales o 70% foron homes, e por primeira vez se invirten as cifras, e o 30% mulleres, que demandaron información xurídica en materia de temas civís, penais, administrativos e laborais e máis do 70% xa utilizaran o servizo con anterioridade.

A asesoría psicolóxica realizou 210 intervencións, atendendo a un total de 103 persoas. En canto as problemáticas mais demandada destacan as pautas de conducta para os fillos, os problemas de autoestima, ansiedade e estress, e as cuestións relativas a estudos e organización do tempo.

Este programa compóñeno 3 asesorías que teñen como obxectivo principal orientar á xuventude nos distintos aspectos que nos afectan na nosa vida diaria. Este servicio é compretamente gratuíto e garantiza aos/as usuarios/as a confidencialidade e o anonimato.

Cambio dia actividade programa de verán

A Concellería de Cultura tamén avisa que a actividade de danza urbana e master class enmarcada no programa Móvete con nós  que se ía a celebrar este xoves 7 de agosto no entorno da Ponte Romana vai a pasar a ser o xoves 14 no mesmo horario de 19.30 a 21.30 horas.

Multimedia

Noticias relacionadas