Máis de 800 persoas contemplaron o paso do tempo en diferentes rostros femininos figurativos grazas á mostra Omni Tempore

A exposición, de acceso gratuíto, espertou o interese de preto de 500 persoas da cidade de Lugo, o que supón o 60% do total. Do territorio español os que máis visitaron esta mostra foron os madrileños, e dos foráneos, os franceses

Omni Tempore congregou durante un mes no MIHL medio cento de pinturas do pintor arxentino afincado en Lugo Juan Pablo Mastroianni

Mércores, 16 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Omni Tempore

Máis de 800 persoas contemplaron o paso do tempo en diferentes rostros femininos figurativos grazas á mostra gratuíta Omni Tempore, que acolleu durante un mes o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). Esta exposición itinerante, que congregou medio cento de pinturas abertas a diferentes interpretacións do pintor arxentino afincado en Lugo Juan Pablo Mastroianni, espertou o interese de preto de 500 persoas da cidade de Lugo, o que supón o 60% do total. Do territorio español os que máis visitaron esta mostra foron os madrileños, e dos foráneos, os franceses.

Entre as obras que reuniu Omni Tempore, realizadas cuha técnica mixta, empregando tintas degradables, lixibias, iodo, goma arábica, témperas ou acrílicos, entre outras, destacou El pecado y sus arrepentimintos, un rostro rodeado doutros rostros que amezaban con perdoar ou non o pecado; Tus miedos, única obra na que figuraba un rostro masculino, ou o collage El juramiento. Nesta mostra, que chegou a Lugo tras recorrer preto dunha decena de espazos expositivos, tamén se poideron observar paisaxes.

Noticias relacionadas