Máis de 75 comercios de Lugo sacan as súas mercadorías á rúa na sexta edición do Comercio na rúa Street Market

Os que se acheguen a este mercado poderán obter descontos dende o 30 ao 80% en diferentes produtos

Xoves, 23 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e aConcelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, acompañadas pola Presidenta da Asociación de Autónomas, Nora Real,  e directivas da Asociación fixeron esta mañá un percorrido polos distintos postos desta sexta edición do Comercio na rúa Street Market, que se celebra ao longo de todo o dia na cidade.

Nesta edición participan 76 establecementos comerciais que ofrecerán as súas mercadorías na rúa con horario ininterrumpido de 10.00 a 20.30 horas e no que se poden atopar importantes descontos. Ademais os produtos que se forman parte desta actividade van dende os complementos, lencería, xoias ou zapatos a prezos moi
As rúas nas que nos podemos atopar locais participantes son Armórica, Armañá, rúa da Raíña, Campo Castelo, Doutor Castro, Montero Rios, Bispo Aguirre, Praza da Soidade, Praza Angel Fernández Gómez, Praza Maior, rúa do Progreso, Quiroga Ballesteros, Rúa Nova, Salmón, San Froilán, San Pedro, Santo Domingo, Tenente Coronel Teixeiro e Rúa da Cruz.

Multimedia

Noticias relacionadas