Máis de 70 peticións ao servizo de intérprete de lingua de signos do Concello ao longo dos últimos sete meses

Con esta prestación, o Concello busca garantizarlle a accesibilidades aos servizos municipais ás persoas con discapacidade sensorial e facilitarlle a súa participación na vida pública

Sábado, 13 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 70 peticións ao servizo de intérprete de lingua de signos do Concello ao longo dos últimos sete meses

Máis de 70 peticións recibiu o servizo gratuíto de intérprete de lingua de signos do Concello ao longo dos últimos sete meses. Trátase dunha prestación que leva funcionando dende 2007 e coa que o Concello, que asinou un convenio de colaboración coa Asociación Lucense de Sordos –ALUSOR-, busca garantizarlle a accesibilidade aos servizos municipais a todos os seus veciños e veciñas e facilitarlle a súa participación na vida pública. O mes que máis actividade tivo foi xuño, con 35 solicitudes.

Dito servizo, co que se pretende ademais eliminar as barreiras de comunicación como principal obstáculo para acadar a total integración, social e laboral, das persoas con discapacidade sensorial, pode solicitarse a través do Servizo de Atención Cidadá 010, no mail 010@concellodelugo.org, no fax 982-297-349, enviando un SMS ao número 639-107-010 ou a través dun formulario na páxina web da entidade local, www.lugo.gal. Poden facelo ademais de individuos, tanto entidades públicas como privadas. Para poder prestar o servizo a solicitude deberá facerse cunha antelación mínima de 24 horas.

O Concello tamén ofrece este servizo nos actos institucionais que organiza ao longo do ano, como en diversas actividades da programación do Arde Lvcvs e do San Froilán, entre outros.

Noticias relacionadas