Máis de 500 persoas asisten á Gala Lucus Moda 2015, o escaparate da creatividade lucense

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañados pola Vicepresidente Segunda da Deputación, Lara Méndez, e a Deputada responsable do Centrad, Regina Polín, asistiron á Gala Lucus Moda, que tivo un gran éxito de público xa que reuniu, no Círculo das Artes, a máis de 500 persoas, entre profesionais, asistentes e medios de comunicación. 

Xoves, 16 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Gala Lucus Moda 2015, o escaparate da creatividade lucense

Un ano máis, e xa van seis, este evento serviu de escaparate do mellor da moda, o deseño e a artesanía lucense, feito ó que se engade o carácter benéfico da Gala, posto que a recadación íntegra da venda de entradas irá destinada ao Fogar do Transeúnte da capital luguesa.

A sexta edición da Gala, que foi presentada pola coñecida actriz lucense, Mariana Expósito, contou coa participación de 6 deseñadores, 16 firmas de artesanía e 9 peluquerías, que amosaron as súas novas creacións, inspiradas nesta ocasión pola Mariña lucense, nun evento que se ten revelado como dinamizador do sector da creatividade lucense. Este ano, ademais, os asistentes tiveron ocasión de gozar do orixinal espectáculo de danza de Yolanda Paz, Le fleur.

O mellor da creatividade lucense

Na Gala da Moda 2015 xuntaron o seu traballo numerosos profesionais procedentes de toda a provincia: os deseñadores Luis Areñas; Manuel Bolaño; María Tacón; Montse Arias, Tina Cortón e Chicadecanela; as firmas de artesanía Azaia; Beatriz Valín; Carmen López; Cecilia Carballo; Cestería Viva; Corazóns Artesáns; Jara Rodríguez; M&N; Obradoiro en Lá; Yan Llan, Paula Dimé; Rappa Taller; Sra. María; Vidal Revilla, Amalgama e Traxandaina; as peluquerías Eduardo Souto Peluqueros; Miriam Souto Peluqueros; Mohama Peluqueros; Avalon Peluqueros; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva Peluqueros; Vanessa Martínez Estilistas e Blanco y Negro Peluqueros. O evento tamén conta coa colaboración de Dick&Paul; Cuplé; IES Muralla Romana; Janeiro Floristería; Lolita Blu; Ramón Rebolo; Lucus Piel Peletería; Marcos Peón, M&N Joyas; Messalina e Modesto Santa Eularia.

Multimedia

  • Gala Lucus Moda 2015, o escaparate da creatividade lucense
  • Gala Lucus Moda 2015, o escaparate da creatividade lucense

Noticias relacionadas