Máis de 3.000 persoas pasaron pola Casa da Música do Concello no primeiro trimestre do ano

Venres, 30 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Casa da Música, da Concellería de Xuventude que dirixe Rosana Rielo, contou cun total de 3.053 usuarios no primeiro trimestre do ano unha cifra que dobra a recollida no mesmo período do ano anterior e que supuxo un total de 1.432 usuarios.

En canto aos locais de ensaio situados na parte superior da Casa da Música conta con 16 grupos da cidade ensaiando, catro máis que no 2010.

Hai dous locais de ensaio e cada grupo ten acceso a un total de 6 horas semanais.

A parte baixa da Casa da Música está acondicionada como unha sala multiusos onde hai xogos de uso diario: ping-pong, billar, consolas, plataformas de baile, xogos de inxenio, xogos de mesa, … Ademais se realizan diferentes actividades que solicitadas polas asociacións. En total no que vai de 2010 foron máis de 2.300 os usuarios desta sala común.

O incremento de usuarios e usuarias produciuse polo traballo realizado desde o Concello para ofrecer alternativas de ocio aos nenos e nenas e aos mozos e mozas da cidade que pasan unha boa parte do seu tempo de lecer no centro.

Noticias relacionadas