Máis de 300 persoas recibiron un libro do Fondo Bibliográfico Municipal polo día do libro

Maite Ferreiro: "queremos fomentar a lectura entre as veciñas e veciños de Lugo"

A edil de Cultura agradeceu ás veciñas e veciños de Lugo a boa acollida que tivo esta iniciativa

Sábado, 23 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 300 persoas recibiron un libro do Fondo Bibliográfico Municipal polo día do libro

Máis de 300 persoas se achegaron ao concello esta mañá para recibir un dos libros que agasallou a concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua polo día do libro. A concelleira Maite Ferreiro agradeceu á veciñanza a boa acollida que tivo esta iniciativa, e explicou que "temos como obxectivo fomentar a lectura entre as veciñas e veciños de Lugo" .

A edil de Cultura lembrou que "puxemos en marcha esta iniciativa o ano pasado, conseguindo que centos de persoas se achegaran ao Concello a conseguir un libro en galego procedente do fondo que garda a concellería de Cultura", e destacou a boa acollida desta iniciativa "todas as veces que a puxemos en marcha".

Multimedia

  • Máis de 300 persoas recibiron un libro do Fondo Bibliográfico Municipal polo día do libro

Noticias relacionadas