Máis de 30 alternativas de balde, organizadas ou coa colaboración do Concello, para rematar o ano en Lugo

Trátase de propostas diversificadas, que contemplan xogos e espectáculos para familias, obradoiros, cinema ou actuacións musicais, entre outros

Xoves, 27 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 30 alternativas de balde, organizadas ou coa colaboración do Concello, para rematar o ano en Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, lembrou, que para rematar o ano en Lugo, hai máis de 30 alternativas de balde, organizadas polo Concello ou coa súa colaboración. Trátase de propostas diversificadas, que contemplan xogos e espectáculos para familias, obradoiros, cinema ou actuacións musicais, entre outros.

Para pasar estas datas en familia, o Concello organizou no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e no Vello Cárcere distintas alternativas para a primeira infancia, de 0 a 6 anos, nas primeiras instalacións municipais, e para rapaces e rapazas de 6 a 12, nas segundas. Para participar nas actividades que acolle o MIHL,  que son sempre ás 18:00 horas, é preciso recoller tarxetas na Biblioteca Municipal, e nas do Vello Cárcere, en se celebran en quenda de mañá -de 11:30 a 13:30 horas- e tarde -de 17:30 a 19:30 horas-, inscribirse a través do 010.

MIHL

  • Venres, 28 de decembro: Percubebé, Moraima. Moraima vive nun bosque rodeada dun mundo máxico. Coa música e os xogos, os máis pequenos e pequenas gozarán, cantarán e tocar a través dunha longa viaxe polo seu mundo de máxicos soutos
  • Sábado, 29 de decembro. Martiña Soñadora, concerto. As nenas e nenos bailarán aprenderán das músicas e gozarán das cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e mesmo do blues
  • Domingo, 30 de decembro. Raquel Queizás, Nanocontos. Guiados por Nano, unha ra que medra cos contos, os bebés verán estimualda a percepción espacial e psicomotrocidade a través de pequenas historias

Vello Cárcere

  • Venres, 28 de decembro: Peti`s Rock. Obradoiro Musiqueando. Fabricación de instrumentos musicais con materiais de refugallo. As chapas das botellas, os botes de produtos de limpeza, os bricks, os cartóns de rolos de papel, as latas de conserva poden ter unha segunda vida como orixinais instrumentos de música que se empregarán para crear panxoliñas modernas
  • Sábado, 29 de decembro. Fábrica de Sons. Milcores. Obradoiro de pintura en porcelana. Personalizaranse cuncas de almorzo con orixinais debuxos realizados con pintura cerámica, resistente aos lavados para conservalos durante moito tempo
  • Venres e sábado. Obradoiro de panxoliñas
  • Luns, 31 de decembro. Peti´s Rock. Discoteca Infantil

Gran cinema de Nadal

Na proposta do Concello tamén hai cinema, en concreto unha exquisita selección de filmes do cinema clásico para todos os públicos no auditorio do Vello Cárcere. As sesións, todas ás 18:30 horas, do 29 e 30 de decembro, son Plácido e De ilusión tamén se vive.

Remate do ano musical

No tocante ás actuacións musicais, a entidade local preparou a actuación de Iseo A Moura, un espectáculo de narración oral e música ao vivo mañá vernes, 28 de decembro, a da Orquestrada Atlantic Beat o sábado 29 e o concerto de Ruth León acompañada de David  Taboada, o 30 de decembro. Todas elas serán no Vello Cárcere, a primeria ás 18:30 horas, a segunda ás 20:30 horas e a última, ás 13:00 horas.

Nadal na Casa da Xuventude

A maiores, na Casa da Xuventude hai obradoiros para fabricar agasallos e de doces de Nadal; así como actividades ioga, pilates e zumba. O 28 de decembro, a entidade local poñerá en marcha  un rastrexo de inocentes no monte Segade. A Praza de Abastos tamén acolle os obradoiros para aprender a fabricar regalos e unha zona infantil.

Dentro da campaña de apoio ao comercio de Lugo, coa que colabora o Concello, e baixo o nome de Vive o Centro este Nadal, celebranse diversas actividades, tamén gratuítas:

Venres 28

  • 11:00 a 13:00 horas: Animación percorrendo as rúas do centro con Branca
  • 17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos
  • 12:00 a 14:00 - 17:00 a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior
  • 17:00 a 20:00 horas:. Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior

Sábado 29

  • 12:00 a 14:00 - 17:00 a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior
  • 17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos
  • 17:00 horas: Gemola e os seus contos de Nadal con Gemma Pardo
  • 17:00 a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior

Domingo 30

  • 17:00 a 20:00 horas:Festa de Noitevella para nenos na carpa da Praza Maior

Luns 31

  • 17:00 a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos

O Concello tamén colabora coa feira Artenadal que permanecerá aberta ata o 5 de xaneiro, agás o 1 de xaneiro, en horario de 11:00 a 14:30 horas, e de 17:00 a 21:00 hroas, na Praza Anxo Fernández Gómez.

A cidade tamen acolle recitais de corais, grazas a Concello e Deputación. Para mañá venres está prevista a actuación da Schola Gregoriana Lucense, na rúa da Raíña, no fondo da Praza Maior e na Praza do Campo, dende as 18:00 horas; da Asociación de Artes Escénicas de Fingoi na parroquia das Fontiñas, dende as 18:30 horas, de Ecos do Miño, na parroqia de San Antonio dende as 19.30 horas, e do Orfeón Lucense, en Bispo Aguirre, na Praza Maior e na Praza de Santa María, dende as 20:00 horas. Tamén dende esta mesma hora, actuará a Scola Gregoriana Lucense na parroquia da Nova.

Máis información en www.lugo.gal ou no 010.

Noticias relacionadas