Máis de 1.800 persoas se acolleron aos descontos que ofreceu Renfe nas súas viaxes para gozar do Arde Lvcvs

A concelleira Carmen Basadre anunciou as datas do Arde Lvcvs 2016, que coincidirán cos días 16, 17, 18 e 19 de xuño, un día máis que nas anteriores edicións

Xoves, 25 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Máis de 1.800 persoas se acolleron aos descontos que ofreceu Renfe nas súas viaxes para gozar do  Arde Lvcvs, unha rebaixa dun 30% no importe total do traxecto. Os servizos de Larga Distancia que conectan con Galicia rexistraron na fin de semana un incremento de viaxeiros de case o 83% e os trens Alvia entre Madrid e Lugo tiveron unha ocupación do 100%. Así o anunciou esta mañá a concelleira Carmen Basadre, quen lembrou que os descontos da compañía ferroviaria súmanse aos ofrecidos polas empresas Arriva, que fletou autobuses con 2.500 pasaxeiros dende a Coruña, e Alsa, con 1.600 pasaxeiros de distintos puntos de España, o dobre que o ano pasado. “En total, foron preto de 6.000 os beneficiarios destas promocións”, destacou Basadre.

Por outra banda, Basadre avanzou as datas do Arde Lvcvs 2016, que serán do 16 ao 19 de xuño do vindeiro ano, aumentando un día máis, con respecto ás anteriores edicións. “Esta é a primeira das numerosas novidades que coma sempre introduciremos na nosa festa de ambientación romana”, subliñou.

Noticias relacionadas