Máis de 10.000 persoas asistiron ao Lugo Open 2018, a X proba do World Pádel Tour

Domingo, 09 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 10.000 persoas asistiron ao Lugo Open 2018, a X proba do World Pádel Tour

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, xunto ao Presidente da Deputación, Darío Campos, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, participaron este domingo na entrega de trofeos aos participantes do Lugo Open 2018, a décima proba do circuíto World Pádel Tour, que acolleu a capital luguesa, co apoio do Goberno do Concello e a Deputación de Lugo.

O Pazo Provincial dos Deportes encheuse este domingo de público para presenciar as finais feminina e masculina, que reuniron ás mellores parexas desta disciplina deportiva. En total, durante os días de competición máis de 10.000 persoas pasaron polas instalacións luguesas para desfrutar do espectáculo. A propia organización cifrou en 1 millón de euros o retorno económico do evento para Lugo.

Multimedia

  • Máis de 10.000 persoas asistiron ao Lugo Open 2018, a X proba do World Pádel Tour
  • Máis de 10.000 persoas asistiron ao Lugo Open 2018, a X proba do World Pádel Tour

Noticias relacionadas