A cita automobilística, que se celebrará os días 27 e 28 de outubro, contará coa asistencia de 105 pilotos, entre os que se atopa Víctor Senra, o actual campión galego

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campo, presentaron este mércores a 40 edición do Rally San Froilán, que terá lugar os vindeiros días 27 e 28 de outubro. Fixérono acompañados do Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e os Alcaldes dos Concellos de Friol, Meira, Pol e Outeiro de Rei, municipios polos que transcorrerá a proba. No acto tamén participou a Vicepresidenta da Escudaría Miño, Mayte Vilanova, e o Presidente da Escola PTC, Antonio Solórzano.
O Goberno do Concello e da Deputación son os principais patrocinadores da cita, que reunirá a 105 pilotos, entre os que se atopa Víctor Senra, o actual campión galego, que competirá polo título con Alberto Meira e Iago Caamaño. Xunto a eles atópase Adrián Díaz, campión do Rally San Froilán 2017.
Lara Méndez e Darío Campos coincidiron en subliñar que “esta competición supón unha oportunidade única para a dinamización de Lugo, pois congrega de media a uns 40.000 espectadores, cun retorno económico estimado dun millón de euros para a provincia, segundo a propia organización”.
As cifras do rally
Segundo a organización do 40 Rally San Froilán, o evento terá unha importante repercusión na economía de Lugo, xa que producirá un retorno económico de preto dun millón de euros, que beneficiará sobre todo aos concellos polos que transcorrerá o evento. O sector hoteleiro incrementará a súa demanda de aloxamento durante os dous días de duración dos actos desta cita automobilística, coa reserva de arredor de 150 habitacións dobres, e os establecementos de hostalería verán tamén notablemente aumentados os seus beneficios.
Percorrido
O 40 Rally San Froilán, puntuable