Máis de 100 cativos participan este verán nas Aulas Abertas do Concello, que buscan conciliar a vida familiar e laboral

Lara Méndez e Ana Abelleira mantiveron este martes un encontro cos nenos e nenas que participan nestas actividades no Centro de Convivencia Maruja Mallo

Martes, 16 de agosto de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 100 cativos participan este verán nas Aulas Abertas do Concello, que buscan conciliar a vida familiar e laboral

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, mantiveron un encontro este martes cos cativos e cativas que están a participar nas Aulas Abertas do  Centro de Convivencia Maruja Mallo, unha programación posta en marcha pola entidade local nos períodos vacacionais para facilitar a conciliación laboral e familiar. Nestas actividades, que tamén teñen lugar nos centros Uxío Novoneyra, Lamas de Prado e Milagrosa, participan máis de 100 cativos, entre os meses de xullo e agosto, de entre 3 e 7 anos. As Aulas Abertas, que buscan ofrecer unha alternativa máis aos máis pequenos da casa ao longo do verán e que lles facilita que se manteñan en contacto con outros nenos e nenas da súa idade, rematarán o 31 de agosto. 

Durante o encontro, Méndez e Abelleira interesáronse pola experiencias dos pequenos nestas actividades lúdicas e atenderon todas as súas peticións. Ademais, a rexedora e a concelleira pedíronlles que aproveiten para aprender novas habilidades. 

Noticias relacionadas