Lvcvs Avgvsti recibe ás tropas e lexións estranxeiras que veñen participar no Arde Lvcvs

Lara Méndez e Carmen Basadre déronlles a benvida nun acto no que tamén houbo distincións para a Cohors III Lucensium, que cumpre 10 anos, e Julia Augusta, protagonista da moeda romana desta edición dos festexos

Sábado, 01 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lvcvs Avgvsti recibe ás tropas e lexións estranxeiras que veñen participar no Arde Lvcvs

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, recibiron este sábado ás tropas e lexións estranxeiras que veñen participar no Arde Lvcvs, nun acto no fondo da Praza Maior, xusto ao lado dos fundadores de Lugo, ao que tamén asisitu a edil de Benestar, Ana Abelleira, así como o César Agusto, Paulo Fabio Máximo e Caio Antistio.

Os participantes chegan de distintos puntos de Galicia, como por exemplo Xinzo de Limia ou Narón e España -Navarra, Cantabria, Tarragona ou Balereares-, , incluso dende o resto do territorio europeo, como Portugal, Italia ou Rumanía. Estras tropas e tribos sumaranse ao desfile das 20:30 horas desta tarde, ao redor da Muralla, unha das actividades máis clásicas e con máis éxito de público do Arde Luvcs, onde, nesta edición, participan un total de 44 asociacións de recreación histórica.

Nesta acto, tamén houbo distincións para Julia Augusta, muller do emperador Septimio Severo, que este ano protagoniza a moeda romana dos festexos, así como tamén para a Cohors III Lucensium, que cumpre 10 anos, sendo este colectivo o primeiro en crearse ao abeiro do Arde Lvcvs.

Ao longo da fin de estama, o Concello e as 18 asociacións de Lugo involucradas ao máximo nestes festexos teñen preparadas máis de 300 actividades dirixidas a todos os públicos, cuarenta delas novidosas. Nesta segunda xornada terá lugar o Circo Romano ou o Asalto ao Medulio, así como a Queima da Moemium, a partir das 24:00 horas. Animación de rúa, desfiles, bautizos e vodas celtas ou lendas son outras das actividades coas que se pode gozar ao longo deste sábado.

Máis información en www.ardelucus.com ou www.lugo.gal

Multimedia

  • Lvcvs Avgvsti recibe ás tropas e lexións estranxeiras que veñen participar no Arde Lvcvs

Noticias relacionadas