Luis Álvarez sorprendido pola facilidade de Jaime Castiñeira para votar no Parlamento en contra do avance do Plan Paradai

Mércores, 12 de marzo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e do que destacou o procedemento para a contratación da cobertura de seguros de responsabilidade civil e patrimonial, de danos materiais e de vehículos e maquinaria do Concello de Lugo para o próximo ano.
   
Así, apróbanse os pregos de clausulas que se están divididos en tres lotes diferentes, lote 1 referido ao seguro de responsabilidade civil patrimonial, lote 2 que conleva o seguro de danos materiais, e lote 3 para o seguro de vehículos e maquinaria. O prazo de execución dos contratos será de 2 anos prorrogables. O presuposto máximo anual con impostos incluidos é de 180.000 euros para o lote 1, 55.000 para o lote 2 e 46.000 euros para o lote 3.

Na Xunta de Goberno tamén se aprobou a prórroga do contrato correspondente á explotación do servizo de cafetería da Piscina Municipal cuberta de As Pedreiras polo prazo dun ano e o recoñecemento da compatibilidade para o posto de profesora asociada da USC ao non interferir en horario laboral.

Castiñeira paraliza Plan Paradai

Luis Álvarez tamén quixo recoñecer publicamente “o valor inusual do señor Castiñeira ao apoiar á Xunta para que non se conclúa rapidamente o Plan Paradai e tivo a osadía de ser el mesmo quen se encargase de defender no Parlamento a negativa do seu partido de activar as obras de Paradai”.

Neste sentido, o Voceiro do Goberno Local, expresou a facilidade que ten Jaime Castiñeira para sentarse no Salón de Plenos do Concello e decir que defende os intereses dos lucenses. “Preocúnpanme os cambios drásticos de personalidade ao cambiar de provincia pero en todo caso felicítoo pola defensa que fai para que o Plan Paradai non avance da maneira máis rápida” segundo Álvarez.

Multimedia

Noticias relacionadas