Luis Álvarez recibe a un grupo de estudantes da Escuela Internacional de Gobierno de México

O Alcalde accidental, Luis Álvarez, recibiu esta mañá a un grupo de 16 alumnos da Escola Internacional de Gobierno de México que se atopan de visita en España para coñecer o funcionamento das administracións públicas e da situación política.

Xoves, 12 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Luis Álvarez recibe a un grupo de estudantes da Escuela Internacional de Gobierno de México

Durante once días visitan diferentes lugares de España e en Galicia, ademais de en Lugo estarán en Ourense e Santiago de Compostela, onde recibirán diferentes obradoiros sobre formación en comunicación e política.

Luis Álvarez deulles a benvida á nosa cidade e invitounos a coñecer non só a oferta turística da cidade senón tamén a oferta gastronómica. Durante o encontro, no que tamén participou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana Gonzalez Abelleira, os alumnos mexicanos preguntaron polo funcionamento da administración local, as axudas en benestar social, a situación económica da cidade, a igualdade e a xuventude entre outros temas.

Noticias relacionadas