Luis Álvarez recibe ós participantes no V Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde

Mércores, 15 de outubro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde accidental e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, presidiu hoxe a recepción que ofreceu o Concello ós participantes no V congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde que se está a celebrar esta semana na nosa cidade. No acto, celebrado no Salón de Plenos da Casa do Concello, tamén estiveron presentes o profesor Francisco Peña, organizador do Congreso, e a Secretaria territorial da Xunta, Marta Barreiro.

Luis Álvarez deulles a benvida á Casa do Concello ós congresistas reunidos neste foro e agradeceu a elección de Lugo para a celebración desta reunión científica sobre saúde e Medio Ambiente.

Álvarez destacou a aposta que fai o Concello polo coidado do noso medio ambiente e manifestou que “nos sentimos orgullosos de estar na vangarda en infraestruturas que vostedes tiveron ocasión de visitar esta mañá”, en referencia á nova Estación de Tratamento de Auga Potable e á Estación Depuradora de Augas Residuais.

Pola súa parte, o organizador do encontro científico, o profesor Francisco Peña, agradeceu a hospitalidade do Concello e da cidade de Lugo cos 207 congresistas e 40 ponentes reunidos estes días en Lugo.

O V congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde estase a celebrar na nosa cidade dende o luns, día 13, ata mañá, xoves, día 16 de outubro.

Multimedia

Noticias relacionadas