Lugo xa ten finalistas para disputar con Braga os II Xogos Romanos das Cidades Augusteas

137 nenos e nenas de 14 colexios do municipio participaron na fase lucense do certame, celebrada no mercado municipal Quiroga Ballesteros. A Alcaldesa e a Concelleira de Cultura entregaron os premios

A final terá lugar o vindeiro sábado, 4 de xuño, de 10:00 a 14:00 horas, no Círculo das Artes

Domingo, 29 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo xa ten finalistas para disputar con Braga os II Xogos Romanos das Cidades Augusteas

A fase lucense dos II Xogos Romanos de Taboleiro das Cidades Augusteas da Gallaecia nos Colexios, enmarcados na programación do Lucus Cultural, reuniu este domingo no mercado municipal Quiroga Ballesteros a 137 nenos e nenas de 14 colexios do municipio, o dobre de centros que na primeira edición, o que amosa a crecente acollida desta iniciativa, xurdida no marco da colaboración cultural entre Lugo e Braga. Coas competicións celebradas hoxe, Lugo xa conta con finalistas para disputar con Braga os Xogos nun encontro que se celebrará o vindeiro sábado, de 10:00 a 14:00 horas, no Círculo das Artes.

A Alcaldesa, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entregaron os premios aos nove gañadores da fase lucense: Alba Extremeiro, Gerald Vázquez, Pablo López, Alejandro Busto, Pablo López, Sergio Z. Rodríguez, Hugo Páramo, Martín Rico e Rafael Rossi. Todos os participantes recibiron un diploma, os finalistas un diploma e unha reproducción da máscara romana de teatro exposta no MIHL, e os gañadores un xogo de mesa baseado na historia romana.

Os Xogos Romanos, dirixidos aos centros educativos, favorecen o razoamento lóxico matemático, o afianzamento da concepción espacial e a introdución de conceptos como a identidade histórica e o patrimonio cultural dos participantes. Engloban tres xogos de taboleiro: o Ludus Latrunculorum, o xogo do soldado; o Merellus, o xogo do muíño e o Seega.

Multimedia

  • Lugo xa ten finalistas para disputar con Braga os II Xogos Romanos das Cidades Augusteas
  • Lugo xa ten finalistas para disputar con Braga os II Xogos Romanos das Cidades Augusteas

Noticias relacionadas