Lugo volve ser sede dun evento, neste caso da xuntanza interterritorial do colectivo sénior de Telefónica, por segunda vez en 5 anos

Lara Méndez e Darío Campos, entre outras autoridades, asisitirón á benvida deste encontro, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, no que se deron cita unhas 600 persoas

Venres, 28 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo volve ser sede dun evento, neste caso da xuntanza interterritorial do colectivo sénior de Telefónica, por segunda vez en 5 anos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, entre outras autoridades, asistiron este venres, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, á Xuntanza Interterritorial Noroeste da Asociación Sénior Telefónica, que acolle Lugo por segunda vez en cinco anos. Neste encontro déronse cita unhas 600 persoas chegadas dende Galicia, Asturias, La Rioja, Burgos, Valladolid, Salamanca, Tenerife e Madrid, entre outros.

Durante o acto, a rexedora agradeceu o traballo social que se realiza dende as asociacións, así como, explicitamente, a compoñente social deste colectivo de Telefónica. Así mesmo, fixo fincapé na implicación dos maiores na sociedade actual, e na aposta do Concello polo envellecemento activo.

A rexedora deulles a benvida á cidade e convidounos a descubrir o pasado romano de Lugo, os 3 Bens Mundiais que atesoura o municipio, os museos, e o Arde Lvcvs e o San Froilán, entre outros; así como a gozar da cidade e  exercer de embaixadores nos seus lugares de orixe.

Nesta liña insistiu Campos, quen fixo extensible a invitación a "unha provincia única, como Lugo, que combina o mellor da gastronomía, paisaxes idílicos, máis de 100 quilómetros de costa e 800 quilómetros de rutas de peregrinación". Así mesmo, fixo fincapé no exemplo e unión que amosa a familia de Telefónica.

Noticias relacionadas