Lugo vive unha intensa xornada de deporte coa carreira Corre con Nós, que discorreu polo entorno das Termas

Miguel Fernández deu o pistoletazo de saída ás diferentes categorías desta proba, que tivo un recorrido de 5 quilómetros para os adultos e ente os 300 metros e os 2,5 quilómetros para as categorías infantís

As vindeiras probas do circuíto terán lugar o sábado 2 de abril e o domingo 17 de abril, así como o sábado 7 de maio e o domingo 5 de xuño

Domingo, 13 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo vive unha intensa xornada de deporte coa carreira Corre con Nós, que discorreu polo entorno das Termas

Lugo viviu este domingo unha intensa xornada de deporte cunha edición máis do Corre Con Nós, que discorreu polo entorno do Centro Comercial As Termas, e na que se deron cita ao redor de 2.800 atletas de todas as idades, dos 5 anos en diante, tanto afeccionados como profesionais, e de todos os puntos do municipio e da provincia. Trátase da segunda carreira popular, enmarcada na 16ª edición do Circuíto Larsa Corre con Nós, que engloba 6 carreiras ata xuño.

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deu o pistoletazo de saída ás diferentes categorías desta carreira, que tivo un percorrido de entre os 300 metros e os 2,5 quilómetros para as categorías infantís e de 5 quilómetros para os adultos. Fernández fixo fincapé no “éxito de participación” desta cita deportiva, animada polo bo tempo, así como nas súas potencialidades, que pasan por fomentar a práctica depotiva e por promover a riqueza de Lugo.

Ao finalizar as probas, o Concelleiro fixo entrega de medallas e trofeos aos gañadores das categorías infantís, tanto femininas como masculinas.

As seguintes probas

As vindeiras probas do circuíto terán lugar o sábado 2 de abril e o domingo 17 de abril, así como o sábado 7 de maio e o domingo 5 de xuño.

Multimedia

Noticias relacionadas