Lugo ten unha meta solidaria o sábado 23 de febreiro: andar e correr contra o cancro

A proba arrincará ás 19:00 horas, dende a Praza Horta do Seminario, tal e como explicou Miguel Fernández no acto de presentación, que acolleu o  Salón de Comisións da Casa Consistorial

As persoas interesadas poden inscribirse en www.ccnorte.com. O prezo das inscricións, que será doado integramente á entidade organizadora, a Asociación Española Contra o Cancro, é distinto dependendo da proba: milla ou marcha

Venres, 15 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo ten unha meta solidaria o sábado 23 de febreiro: andar e correr contra o cancro

Lugo ten unha meta solidaria o sábado 23 de febreiro: andar e correr contra o cancro. Esta iniciativa, baixo o título AECC en Marcha, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro,desenvolverase por primeira vez en Lugo, acolléndoa tamén distintas cidades españolas en datas diferentes.

A proba solidaria deportiva foi presentada este venres, no Salón de Comisións da Casa Consistorial, polo Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, a presidenta da xunta provincial de Lugo desta asociación, María Luz Abella, e o xefe territorial de presidencia da Xunta en Lugo, Ramón Carballo.

A proba arrincará ás 19:00 horas, dende a Praza Horta do Seminario, tal e como explicou Fernández, quen felicitou á AECC Lugo por este novo evento solidario que organiza en Lugo. Así mesmo, tamén insistiu no papel relevante que teñen as administracións para conseguir avanzar en investigación de enfermidades e convidou á veciñanza luguesa a participar nesta cita; unha invitación que tamén comportiu Ramón Carballo.

Nesta mesma liña tamén insitiu Sonsoles López, quen ademais chamou a seguir traballando entre todos: institucións, colectivos e cidadanía para seguir loitando contra esta enfermidade.

Pola súa banda, María Luza Abella, quen agradeceu a colaboración institucional, insistindo na prestada polo Concello, explicou os distintos horarios desta milla e marcha. Ás 19:00 horas arrincará a marcha/andaina para todas as idades polo adarve da Muralla. Unha hora máis tarde, ás 20:00 horas, a milla Sub16 e Sub 18 masculina. Posteriormente a milla Sub16 e Sub18 feminina. A partir das 20:15 horas celebrarase a Milla Sub14 masculina e logo a feminina, dende as 20:30 horas a Sub12 masculina e logo a feminina, para dar paso á SUB 10 masculina e feminina. Ao redor das 21:00 horas, sairá a proba de pitufos mixta (para nenos e nenas nacidas a partir do 2012) e, por último, a milla absoluta. Existe a posibilidade do Dorsal 0, para as persoas que non poidan participar pero decidan contribuír a esta causa solidaria cun donativo.

As persoas interesadas poden inscribirse en www.ccnorte.com. O prezo das inscricións, que será doado integramente a AECC, é distintos dependendo da proba: milla ou marcha.

Multimedia

  • Lugo ten unha meta solidaria o sábado 23 de febreiro: andar e correr contra o cancro

Noticias relacionadas