Lugo reparte sorte mañá co sorteo da Lotería Nacional a favor da AECC, "no que todos xogaremos cun obxetivo común: vencer ao cancro"

Lara Méndez, Noema Paniagua, Juan Antonio López, José Manuel Balseiro, Sonsoles López e Luz Abella presentaron este evento, que arrincará mañá ás 13:00 horas no Edificio Administrativo da Xunta en Lugo

A Alcaldesa deu a benvida a esta iniciativa de caracter social en nome de Lugo e agredeceulle á AECC o seu labor ao longo destes 65 anos por facer do cancro non unha palabra tabú, senon unha oportunidade de vida, grazas ao seu espírito optimista e arduo traballo, moitas veces de xeito anónimo

Venres, 04 de maio de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo reparte sorte mañá co sorteo da Lotería Nacional a favor da AECC, "no que todos xogaremos cun obxetivo común: vencer ao cancro"

Lugo será mañá sede dunha nova edición do sorteo de Lotería a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). O evento foi presentado este venres no Salón de Plenos do Concello pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a directora xeral da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), Noema Paniagua, o subdirector de Xogos da Sociedade Estatal Loterías e Apostas do Estado, Juan Antonio López, o Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, e a presidenta da AECC de Lugo, Mª Luz Abella. Trátase dun sorteo que arrincará ás 13:00 horas no Edificio Administrativo da Xunta en Lugo, que ten como obxectivo unir forzas na loita contra o cancro, unha enfermidade da que se diagnostican cada ano case 230.000 casos novos, dos cales case 16.000 son en Galicia.

Na presentación do acto, a Alcaldesa deu a benvida a esta iniciativa de caracter social en nome de todas e todos os lucenses e agredeceulle á AECC o seu labor ao longo destes 65 anos por facer do cancro non unha palabra tabú senon unha oportunidade de vida, grazas ao seu espírito optimista e arduo traballo, moitas veces de xeito anónimo. Animou ademais a participar neste sorteo, "no que todos e todas xogaremos cun obxetivo común: vencer ao cancro".

Pola súa banda, Noema Paniagua sinalou o compromiso constante de Loterías e Apostas do Estado, “un compromiso firme e estable, xa que tanto as necesidades de pacientes e familiares como a investigación non se poden paralizar. Por iso é polo que sexa, non só un exemplo, senón fundamental na loita contra o cancro ”.

Juan Antonio López destacou que: “o sorteo da Asociación Española Contra o Cancro é un dos máis especiais dos que celebra Loterías e Apostas do Estado cada ano. Está marcado no noso calendario de sorteos viaxeiros polo seu carácter social e pola súa celebración ininterrompida ao longo dos anos, desde 1989 ata hoxe. No que respecta ao sorteo deste ano, emítense 120 millóns de euros, en décimos de 12 euros e repartíndose en premios o 70%, é dicir, un total de 84 millóns de euros. Destaca un Primeiro Premio de 1.000.000 de euros por serie, un segundo premio de 250.000 euros por serie e un terceiro premio de 50.000 euros por serie”.

José Manuel Balseiro fixo referencia "ao imprescindible labor da Asociaicón nestes 60 anos de historia en momentos moi difíciles de miles de persoas que vén como o cancro pon en risco a súa vida.

Pola súa parte, Sonsoles López quixo destacar a importancia do sorteo contra o cancro, primeiro polo apoio que supón á AECC, entidade que ten todo o noso recoñecemento e que respaldamos polo gran labor que fai, de apoio a doentes e familiares co que suple o que a administración competente non fai. Felicito á presidenta da asociación en Lugo, Mari Luz Abella, sen dúbida a celebración do sorteo é un bo agasallo no 60 aniversario da asociación e tamén ten moita importancia porque servirá de gran proxección para Lugo.

Por último, Mª Luz Abella non quixo deixar de mencionar a xenerosidade e o compromiso do pobo de Lugo non só neste sorteo, senón en todas as actividades que emprende a AECC na provincia “porque sempre que solicitamos a súa axuda, non dubidaron en brindárnola, así que contamos tamén esta vez coa súa colaboración”. A delegación da AECC en Lugo ofrece servizos gratuítos de atención a pacientes e familiares e realiza campañas de concienciación en prevención e detección precoz para todos os lucenses.

Este sorteo viaxeiro, que xorde no ano 1989 coincidindo co Ano Europeo Contra o Cancro, celebrouse en diferentes cidades españolas cun mesmo denominador común: a solidariedade e o compromiso das e dos españois na loita contra o cancro. O pasado mes de decembro, a Sociedade Estatal de Loterías e Apostas do Estado ( SELAE) e as AECC asinaron un convenio de colaboración polo que se ratificaba a relación entre ambas as entidades. Este convenio, cunha duración de catro anos, garante unha achega económica de total de 13, 3 M€ para financiar prestacións psicosociais que ofrece a AECC e proxectos de investigación. En concreto, e durante o ano 2018, garántese unha achega económica coa que Loterías colaborará no Estudo dos tumores cerebrais para a identificación de mellores tratamentos e desenvolvemento de métodos de diagnóstico molecular non invasivo que desenvolve o doutor Joan Seoane no Vall d’ Hebron Instituto de Oncoloxía. Ademais, Loterías xa colabora no proxecto Definición de mecanismos crave da resistencia de tumores de cabeza e pescozo aos tratamentos quimio- e radioterapéuticos que especialista Carracedo desenvolve na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Noticias relacionadas