Lugo, referente co proxecto Life, que sitúa á cidade na vangarda do desenvolvemento urbano sostible e a economía verde

Mércores, 23 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo, referente co proxecto Life, que sitúa á cidade na vangarda do desenvolvemento urbano sostible e a economía verde

O proxecto Life Lugo+Biodinámico liderado polo Concello, que sitúa á cidade na vangarda do desenvolvemento urbano sostible e a economía verde, está a ser un referente para outras localidades galegas e españolas. Como explicou o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, logo de que o Concello explicase a estratexia en distintos foros do país, ademais de en Bruxelas, unha delegación do Concello coruñés de Carballo desprazouse onte a Lugo para coñecer de primeira man o proxecto, que leva consigo a creación dun novo pulmón verde urbano entre As Gándaras e O Ceao, a construción do primeiro edificio público de Galicia con madeira galega e o deseño do primeiro barrio multiecolóxico de España en base a un catálogo de solucións urbanas para a adaptación ao cambio climático, que poderá aplicarse en calquera cidade europea. O programa Life é un dos piares do modelo de cidade que impulsa o Goberno, que une de maneira indisoluble o desenvolvemento urbanístico e o medio ambiente e a sostibilidade.

Audio

Noticias relacionadas