Lugo presumirá en FITUR 2019 de "saber e sabor"

Lara Méndez e Carmen Basadre presentarán un novo vídeo promocional do municipio, o cuarto da campaña Ven, é Lugo

Nel inclúese a cultura, o patrimonio histórico, a gastronomía, as rutas verdes, os produtos autóctos do Mercado Municipal e da Praza de Abastos e a saúde termal e espiritual a través das augas termais do Balneario de Lugo, entre outros

Aproveitando a asistencia a esta feira, manteranse citas con blogueiros especializados en turismo, revistas e operadores turísticos que traballan o turismo familiar e empresas dedicadas á promoción turísticas a través das novas tecnoloxías

Por primeira vez, en FITUR haberá un stand da Asociación de Festas e Recreacións Históricas, na que tamén está o Arde Lvcvs. O Concello tamén presentará unha nova montaxe audiovisual destes festexos e outra do San Froilán. Levará outro vídeo específico da Vía Küning

Venres, 18 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo volve de novo a Feira Internacional de Turismo (FITUR), que celebrará a súa 39ª edición entre o vindeiro mércores e do domingo no recinto feiral IFEMA. Desembarcará coa cuarta edición da campña Ven, é Lugo, potenciando o seu Saber e sabor; cunha montaxe audiovisual "onde se inclúe a cultura, o patrimonio histórico, a gastronomía, as rutas verdes, os produtos autóctos do Mercado Municipal e da Praza de Abastos e a saúde termal e espiritual a través das augas termais do Balneario de Lugo", tal e como explicou en rolda de prensa a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre. Como non, no novo vídeo promocional tamén aparecen as festas do San Froilán e do Arde Lvcvs, sen esquecer os Tres Patrimonios da Humanidade que ten a cidade. Trátase pois dunha aposta que vén dar continuidade a do pasado ano, de amosar un Lugo dinámico, que neste caso redescubirá unha cidade e un municipio para coñecelo e saborealo. No acto de presentación tamén estivo presente unha representante da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, así como o historiador e profesor Javier Gómez Vila.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, viaxarán ata esta cita "considerada das mellores feiras do turismo do mundo", para presentar este xoves, no stand de Galicia, o vído promocional que avanzou hoxe a edil no auditorio do Vello Cárcere, que pon o acento nun Lugo capaz de acoller turismo sostible, de calidade, familiar e accesible; así como para impulsar o municipio entre os 165 países e rexións que estarán presentes nesta feira, que na pasada convocatoria congregou 251.000 participantes, agargando superalos nesta nova edición.

A Concelleira tamén avanzou que, aproveitando a asistencia a FITUR, manteranse citas con blogueiros especializados en turismo, revistas e operadores turísticos que traballan o turismo familiar, e empresas dedicadas á promoción turísticas a través das novas tecnoloxías, ademais de interrelacionarse con outros municipios e cidades de todo o mundo. Así mesmo, tamén adiantou que nesta feira, por primeira vez, haberá un stand da Asociación de Festas e Recreacións Históricas, na que tamén está o Arde Lvcvs, que nesta ocasión se celebra entre o 14 e 16 de xuño; e que o Concello tamén presentará un novo vídeo propio destes festexos e outro do San Froilán, levando un vídeo específico da Vía Küning.

Carmen Basadre tamén aproveitou a presentación, na que asegurou que se traballa coa USC para solicitar á Xunta de Galicia que Lugo sexa cidade Patrimonio da Humanidade e que tamén se solicitará á UNESCO ser destino gastronómico -unha proposta do Pleno Municipal-; para realizar unha valoración dos datos de turismo en Lugo do pasado 2018, que aumentou un 29% con respecto ao ano anterior

O Concello repartirá máis de 4.000 folletos e distinto material promocional de Lugo, tanto en español como en inglés, francés, alemán, portugués ou italiano, ben sexa sobre o Lugo Romano como do Lugo Monumental, así como planos do centro histórico, folletos do Arde Lvcvs, do Camiño Primitivo ou de rutas accesibles, entre outros; ademais de marcapáxinas ou lápices.

Audio

Vídeo

Noticias relacionadas