Lugo prepara a súa candidatura para converter o casco histórico en Ben Mundial e para ser cidade creativa na categoría de gastronomía

Así o deron a coñecer Lara Méndez e Carmen Basadre no marco de FITUR, onde o Concello presentou este xoves a terceira edición da campaña turística Ven, é Lugo; que este ano redescubre un Lugo de sensacións, un destino para descubrir cos sentidos

“Tocar Lugo é tocar a historia da humanidade” asegurou no acto de presentación a Alcaldesa, quen definiu a Lugo como unha “cidade aberta e amable”, como un destino “inédito, con personalidade propia e capaz de ofrecer experiencias”

Carmen Basadre asinou un novo convenio co Grupo Alsa para apoiar e participar no Arde Lvcvs, que terá lugar entre o 15 e 17 de xuño, do que se estreou hoxe un novo vídeo, xunto con outro do San Froilán

Xoves, 18 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo prepara a súa candidatura para converter o casco histórico en Ben Mundial e para ser cidade creativa na categoría de gastronomía

Lugo prepara a súa candidatura para converter o casco histórico en Ben Mundial e de cara a entrar na rede de cidades creativas da UNESCO, na categoría de gastronomía.  Así o deron a coñecer a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, no marco da 38ª Feira Internacional de Turismo (FITUR), onde o Concello presentou este xoves a terceira edición da campaña turística promocional Ven, é Lugo; que este ano redescubre un Lugo de sensacións, un destino para descubrir cos cinco sentidos.

Carmen Basadre foi a encargada de conducir o acto, no que tamén interviu o Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e a Directora Xeral de Turismo, Nava Castro. Méndez puxo o broche de outro á presentación, presenciada por numeroso público, entre autoridades, blogueiros, especialistas en comunicación turísticas ou turoperadores, entre outros.

Na súa intervención, a rexedora apelou aos cinco destinos para descubrir Lugo. “Quen visita Lugo, se acaricia a Muralla, toca unha cidade romana, se acaricia o Burgo Vello, toca unha cidade medieval, se acaricia a Casa Consistorial, toca unha cidade barroca, ou se acaricia a Catedral, toca unha cidade románica e gótica. Tocar Lugo é tocar a historia da humanidade”, asegurou Méndez, quen confirmou o gran atractivo do municipio, recoñecedio dende hai 2.000 anos de historia polos romanos.

A Alcaldesa tamén posicionou a Lugo como unha “cidade aberta e amable”, unha cidade que abre as portas da súa Muralla a cada vez máis turistas, máis de 88.500 o pasado ano, estando xa o turismo mimetizado coa actividade diaria luguesa; e como un destino “inédito, con personalidade propia e capaz de ofecer experiencias, tanto culturais, históricas, gastronómicas ou paisaxísticas”.  

Pola súa banda, Carmen Basadre, vendeu a Lugo como destino accesible e convidou a visitar non só as excelencias turísticas da cidade, encabezadas polos tres Patrimonios da Humanidade cos que conta, senón tamén o Mercado Municipal, a Praza de Abastos, o Vello Cárcere ou o cemiterio municipal de San Froilán, un dos máis bonitos do mundo segundo National Geografic, integrado na ruta de cemiterios históricos europeos.

A edil tamén fixo fincapé na oferta turística que ofrece o municipio ao longo do ano, como as rutas accesibles ou as andainas de Terras de Auga e Cultura; así como nos dous festexos por excelencia de Lugo, declarados de Interese Turístico Nacional, o Arde Lucus e o San Froilán, dos que se pudieron visualizar hoxe durante o acto dúas novas proxeccións.

Para vivilo, ven, é Lugo

No acto presentouse o novo vídeo promocional do municipio. Baixo o título Para vivilo, ven, é Lugo, e protagonizado por unha peregrina que garda a súa mochila para coñecer a cidade, a montaxe audiovisual amosa o patrimonio natural e arquitectónico do Concello, entre os que destaca a Muralla e a Catedral; así como o Camiño Primitivo, o paseo do río Miño, a Ponte Romana e a Ponte da Chanca, entre outros. Os tres novos vídeos presentados hoxe xa poden consultarse na web do Concello, www.lugo.gal.

Ademais deste material de promoción, o Concello reparte en FITUR máis de 4.500 folletos, así como guías, planos, marcapáxinas ou pequenos libros do Vello Cárcere nesta feira, que agarda nesta edición, que remat o domingo, uns 250.000 visitantes.

Encontro da Rede de Cidades Romanas do Atlántico

Lara Méndez e Carmen Basadre asistiron esta mañá ao encontro da Rede de Cidades Romanas do Atlántico; na que están representadas Lugo, Braga, Condeixa-a-Nova, Gijón, Castro Urdiales, Irún e Perigueux. Trátase dun colectivo que busca, cunha marca única e un nexo común, pór en valor o patrimonio romano destas cidaes e desenvolver a súa potencialidade turística, cultural e histórica.

Convenio Grupo Alsa

Por outra banda, o Concello e o Grupo Alsa asinaron de novo un convenio para apoiar e participar no Arde Lvcvs. Grazas ao convenio asinado por Carmen Basadre hoxe, os viaxeiros que se queiran achegar a Lugo a gozar desta festa de recreación histórica, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de xuño, terán un desconto do 25% nas viaxes con destino ou saída Lugo días antes e días despois das festas. 

Multimedia

  • Lugo prepara a súa candidatura para converter o casco histórico en Ben Mundial e para ser cidade creativa na categoría de gastronomía
  • Lugo prepara a súa candidatura para converter o casco histórico en Ben Mundial e para ser cidade creativa na categoría de gastronomía

Noticias relacionadas