Lugo ponse ao día no Vello Cárcere sobre a situación actual da saúde mental da xuventude

Xoves, 18 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo ponse ao día no Vello Cárcere sobre a situación actual da saúde mental da xuventude

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, inaugurou este xoves, no Centro Sociocultural do Vello Cárcere, a mesa redonda que organizou o Concello sobre aSituación actual da saúde mental da xuventude.

Con esta actividade, a entidade local, ademais de comemorar o Día da Saúde Mental, busca dar a coñecer datos tan proucupantes como que en Galicia só existen 6 camas para a atención desta doenza en mozos e mozas de ata 16 anos; e sensibilizar sobre este problema e como detectalo. Foi, pois, unha xornada de reflexión e de traballo sobre a prevención das enfermidades mentais, das que a metada comezan antes dos 14 anos e sendo o suicidio a segunda causa de morte entre os 15 e 29 anos

A mesa redonda contou coa participación de Yolanda Carballeira e Gabriela Kepsh, psiquiatras da área infanto-xuvenil do HULA; Jorgue Begazo, psiquiatra residente do HULA, Sagrario Fernández, traballadora social da área infanto-xuventil do HULA, Manuel Iglesias, exoordinador un proxecto europeo sobre o estigma dos transtornos mentais, María José Pena Lage, licenciada en psicoloxía e técnica da área de Xuventude do Concello e Manuel Fernández Prado, presidente de ALUME Saúde Mental Lugo. O psicológo Mauricio Repetto, foi o moderador da mesa.

Noticias relacionadas