Lugo participa na asemblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas

A Concelleira de Cultura acude en representación do Arde Lvcvs ao encontro, que se celebra na localidade de Mas de las Matas, en Teruel

Sábado, 06 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo participa na asemblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas

Lugo participa na asemblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH) que se celebra esta fin de semana na localidade turolense de Mas de la Matas. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acude en representación do Arde Lvcvs a este encontro, que inclúe reunións de traballo da asemblea, nas que, ademais dos temas ordinarios de xestión da entidade, da que a cidade lucense forma parte, formalizarase a incorporación de novas festas a AEFRH. Os participantes abordan así mesmo as actividades realizadas ao largo do último ano e marcan novos obxectivos para o seguinte, ademais de tratar temas de interese colectivo, como espectáculos, voluntariado, seguridad nas festas ou financiamento.

A asociación de festas e recreacións históricas, que cumpre 20 anos de existencia, organiza estas reunións nas distintas localidades ás que pertencen as festas asociadas co fin de que todos os integrantes teñan a oportunidade de mostrara a súa riqueza e historia.

Na actualidade, a agrupación está formada por 26 festexos: Arde Lvcvs, Astures y Romanos de Astorga (León), Carthagineses y Romanos de Cartagena (Rexión de Murcia), Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia (Ourense), Guerras Cántabras de Corrales de Buelna (Cantabria), Mercaforum de Calahorra (La Rioja), Bodas de Isabel de Segura de Teruel, Festa da Istoria de Ribadavia (Ourense), Justas Medievales del Passo Honroso de Hospital de Órbigo (León), Exconxuraos de Llanera (Asturias), Semana Medieval de Estella (Navarra), Semana Renacentista de Medina del Campo (Valladolid), El Regreso del Comendador de Mas de Las Matas (Teruel), El Cronicón de Oña (Burgos), El Sinodal de Aguilafuente (Segovia), Lakuerter Ibera de Andorra (Teruel), Las Alfonsadas de Calatayud (Zaragoza), Ferias Íbero Romanas de Cástulo, de Linares (Jaén), Reino de Nájera (Nájera- La Rioja), Homenaje a Guillem de Mont-Rodón (Monzón), Fin de Semana Cidiano (Burgos), Iberfesta Olocau (Valencia), Festival Templario de Jerez de Los Caballeros (Badajoz), Festival Medieval Villa de Alburquerque (Badajoz), Privilegio de la Vara de Noja (Cantabria) e Festival Ducal de Pastrana (Guadalajara).

Nesta asemblea ratifícase tamén a entrada na AEFRH das seguintes festas: Festa da Reconquista da Vila de Vigo, Feria Ibera de Barchín del Hoyo (Cuenca), Batalla de Atapuerca  (Burgos), Jornadas Medievales de Cortegana (Huelva) y Ayllón Medieval (Segovia).

Noticias relacionadas