Lugo ofrécese para a atención e acollida de migrantes do Aquarius

Mércores, 13 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Consellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana González Abelleira, enviou este mércores sendas comunicacións ás federacións de municipios de Galicia e España (Fegamp e Femp) para poñer a disposición os recursos e instalacións dos que dispón para a atención e acollida dos migrantes do buque Aquarius. Así o anunciou o voceiro municipal, Miguel Fernández, durante a rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, na que explicou que esta comunicación se produce despois de que a entidade local contactara nos últimos días coa ONG Accem e a Cruz Vermella, organizacións que por protocolo se ocupan da atención a migrantes, e que na mesma o Concello lembra os dispositivos cos que conta e pide instruccións para artellar a colaboración da maneira máis efectiva posible.

O Concello ofrece os pisos de emerxencia dos que dispón e o albergue municipal, ademais de toda a rede de prestacións e axudas sociais coas que conta.

O voceiro municipal puxo en valor a decisión do Goberno central de tomar a iniciativa ante unha emerxencia humanitaria como a do Aquarius, o que demostra o perfil solidario do novo Executivo e o seu cambio de paradigma.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre a acollida de migrantes do Aquarius | Descargar mp3

Noticias relacionadas