Lugo lembra as vítimas do 11-M cun minuto de silencio

Luns, 11 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo lembra as vítimas do 11-M cun minuto de silencio

A Alcaldesa, Lara Méndez, presidiu este luns a concentración celebrada ás portas do Concello en memoria das vítimas do atentado terrorista do 11-M, un minuto de silencio no que participaron membros da Corporación municipal, ademais do Presidente da Deputación, Darío Campos, entre outros representantes institucionais e de formacións políticas. Neste 2019 cúmprense 15 anos do atentado, unha data que coincide tamén co Día Europeo das Vítimas do Terrorismo.

Noticias relacionadas