Lugo lembra a Cervantes cunha lectura pública da súa obra El Quijote no Día do Libro

Lara Méndez e Carmen Basadre participaron nesta lectura, que tivo lugar na Praza Maior dende as 12:00 horas. A partir das 18:00 horas, o Concello organizou unha quedada para ler poemas de Manuel María

Sábado, 23 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo lembra a Cervantes cunha lectura pública da súa obra El Quijote no Día do Libro

Lugo celebrou este sábado o Día do Libro cunha lectura pública da obra de Cervantes, El Quijote, que tivo lugar na Praza Maior, diante da Casa do Concello, dende as 12:00 ás 14:00 horas. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participaron nesta lectura coa que o Concello, coa colaboración de Ágora Cultural, rende homenaxe a Cervantes no IV centenario da súa morte. Ao longo da mañá foron medio cento de persoas de todas as idades, as que quixeron poñer voz ás palabras escritas por Miguel de Cervantes.

En xornada de tarde, a partir das 18:00 horas e ata as 20:30 horas, terá lugar unha quedada para ler poemas de Manuel María na Praza Maior. Todos os que queiran participar poderán elixir o poema que queiran ler. A actividade enmárcase dentro dos actos que o Concello programou ao longo do ano para render homenaxe a este escritor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas.

Multimedia

  • Lugo lembra a Cervantes cunha lectura pública da súa obra El Quijote no Día do Libro

Noticias relacionadas