Lugo garda un minuto de silencio pola barbarie terrorista de Bruxelas

A Corporación Municipal, presidida pola Alcalcaldesa, concentrouse este mediodía na Praza Maior ás Portas da Casa Consistorial, onde as bandeiras onden a media hasta, en solidariedade co pobo belga

Mércores, 23 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo garda un minuto de silencio pola barbarie terrorista de Bruselas

Lugo gardou un minuto de silencio polas 31 vítimas e os 187 feridos dos atentados acontecidos onte en Bruxelas. A mostra de rexeitamento á barbarie terrorista tivo lugar este mércores ás 12:00 horas, na Praza Maior, ás portas da Casa Consistorial de Lugo, na que participou a Corporación Municipal, presidida pola Alcaldesa, Lara Méndez, así como deputados provinciais. Ata a Praza Maior tamén se achegaron ao redor dunha vintena de lucenses para participar neste acto de repulsa.

O Concello de Lugo mantén ata xoves as bandeiras a media hasta, en solidariedade co pobo belga.

Noticias relacionadas