Lugo estrea en setembro o Caudal Fest cun cartel de 1º nivel: Vetusta Morla, Iván Ferreiro, Mala Rodríguez e os acústicos de Andrés Suárez e DePedro

A Alcaldesa presentou este espectáculo "cunha programación moi coidada, pensado para varios públicos, de proxección internacional e de grandes dimensións"

Está subdividido en dúas xornadas: unha de balde, o venres 21, na Praza de Santa María, e unha de pago, o sábado 22, na contorna do río Miño, o que o converterá nun dos festivais con máis atractivo medioambiental. Apóstase, deste xeito, pola revitalización desta zona verde e fluvial da cidade

As entradas poranse á venda o 24 de xullo dende os 25 euros (máis gastos de xestión), as 1.000 primeiras entradas; a través de www.caudalfest.es e en www.entradasatualcance.com. Agárdase a asistencia dunhas 10.000 persoas

O Caudal Fest completa a axenda de actividades culturais que ofrece o municipio ao longo do verán e de todo o ano.  Tamén complementa a oferta festivaleira de Galicia e sitúa a Lugo dentro do mapa nacional e internacional das citas musicais

A filosofía do Caudal Fest é clara: unha aposta vocacional pola diversión, pola esencia da cultura da autenticidade, pola convivencia na natureza e polo respecto

Venres, 20 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo estrea en setembro o Caudal Fest cun cartel de 1º nivel: Vetusta Morla, Iván Ferreiro, Mala Rodríguez e os acústicos de Andrés Suárez e DePedro

Notábase que había gañas dun festival urbano en Lugo. E para cumprir coas expectativas, o Concello de Lugo organiza en setembro o Caudal Fest, "un espectáculo, cunha programación moi coidada, pensado para varios públicos, de proxección internacional e de grandes dimensións", que foi presentado este venres pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Trátase, tal e como o definiu no acto a rexedora, "dun festival que achegará por primeira vez á cidade, e nesta magnitude, a posibilidade de gozar, en dous dias consecutivos, de concertos dunha oferta de artistas de diversos estilos musicais, aplaudidos tanto a nivel nacional como internacional", erixíndose, polo tanto, como unha nova cita para visitar a cidade, xunto ao San Froilán e o Arde Lvcvs.

O festival está subdivido en dúas xornadas: unha de balde, o venres 21 de setembro, e unha de pago, o sábado 22; en dous espazos máis que privilexiados e únicos da cidade. Concretamente, o segundo terá lugar na contorna do río Miño, o que converterá ao Caudal Fest nun dos festivais urbanos con máis atractivo medioambiental. Apóstase, deste xeito, pola revitalización desta zona verde e fluvial da cidade, co obxecto de que Lugo deixe de darlle ás costas ao río e mire, en termos de desenvolvemento, cara o Miño. Ademais, na liña de seguir poñendo en valor o casco histórico da cidade, o venres os concertos serán na Praza de Santa María. En definitiva, dous lugares idóneos para a realización desta cita de dinamización sociocultural.

Co Caudal Fest, Lugo agarda un fito de programación cultural que xerará ademais un retorno mediático, completando a axenda de actividades culturais que ofrece o municipio ao longo do verán e de todo o ano.  Supón tamén completar a oferta cultural festivaleira de Galicia, en auxe nos últimos anos, e situar a Lugo dentro do mapa nacional e internacional dos festivais, sendo o principal de fin de temporada no territorio nacional. Está concebido para gozar da natureza do municipio a través da música. Beneficiará ao sector turístico a través do cultural, e concretamente dende a perspectiva da música, pero tamén ao sector empresarial local.

Cartel de primeiro nivel

Cun cartel de primeiro nivel, o Caudal Fest  ofrecerá a posibilidade de gozar da música en directo de artistas de masas ou de número un de vendas. O Concello de Lugo aposta pola sinerxia do público-privado para levar a cabo este festival, que ten como obxectivo xenérico promover a imaxe de Lugo a través do seu patrimonio medioambiental, con atractivo turístico e cultural. Para conseguilo, deseñouse un cartel que, polo momento, suma os seguintes nomes de renome -na xornada de pago-:

  • Vetusta Morla: chegarán á súa cita en Lugo 7 anos despois da súa última actuación na cidade e en pleno auxe da xira Mismo Sitio, Distinto Lugo. Esta banda de rock madrileña pode presumir de contar cun dos mellores directos de España despois de omper calquera parámetro avaliable: a coidadísima posta en escena, a contundencia do seu son, a precisión da súa interpretación e a especial comuñón co seu público, que se entrega en cada canción coma se fose a última do concerto. Un espectáculo que desde o pasado marzo xa gozaron máis de 125.000 persoas en España e América Latina.
  • Iván Ferreiro: durante os 90 liderou Los Piratas, unha das bandas de rock máis representativas da década e protagonista dos himnos preferidos de toda unha xeración. En 2005 inicia a súa carreira en solitario armado de cancións honestas e a súa personalidade inimitable, conveténdose nunha peza indispensable para comprender a escena indie-rock do país. 2016 é o ano no que aluma o seu último álbum: Casa, un traballo sostido con cancións fabulosas e un son abafador como única estada, que en directo reloce xunto a músicos con nomes propios da talla de Amaro Ferreiro, Emilio Sainz ou Ricky Falkner, entre outros.
  • Mala Rodríguez: cantante coñecida polo seu peculiar estilo: fusina rap con flamenco. Proba do seu éxito son os seus dous Discos de ouro, o Grammy latino a Mellor álbum urbano e multitude de colaboracións con artistas da talla de Akin, Calle 13 ou Julieta Venegas.
  • Novedades Carminha: capiteaneando a nova onda do graxe punk, chegaron para facer bandeira da irreverencia. Este indomable trío galego dáo todo no escenario: adrenalina en altas doses, letras descacharrantes e a mellor actitude do mundo é a fórmula do baile nos seus concertos.
  • DePedro (acústico): o afamado compositor e guitarrista barcelonés Jaivo Zavala, habitual colaborador e músico en directo de Calexico, tráenos baixo o nome de DePedro un proxecto musical vibrante e con múltiples influencias que fusionan jazz, rock cláscio, country e soul. Todo iso liderado pola súa voz expresiva con matices cálidos e certa melancolía latina. A súa música levoulle aos cinco continentes, e os seus discos están publicados en maís de 30 países. As súas colaboracións son con músicos de todo o mundo en diferentes idiomas e procedentes de moitas culturas. Ese é un dos selos de identidade do artista.
  • Andrés Suárez (acústico): a historia de Andrés Suárez é un exemplo de ata onde pode levar a combinación de constancia e talento. Pódelle levar, por exemplo, dos corredores do Metro ao Wizink Center de Madrid, dúas refrencias que marcan o punto de partida e de chegada dun cantautor que chegou á capital como un músico rueiro e que hoxe é un dos aristas máis queridos polo público que esgota as localidades dos seus concertos. Proponnos un pop rock vitalista e alegre no seu último traballo: Desde una ventana. Un proxecto cociñado a lume lento no que se poden atopar influcencias do rock pero tamén do folk e o fado, reflexando mási que nunca a personalidade do artista galego.
  • Eme Dj: Marta Fierro é unha das DJ cunha traxectoria máis recoñecida na escena indie-electro-pop e nas principais pistas de baile de toda España. A súa mestura de disco, beats, dance e house music levoulle a ser elixida en tres ocasións como Mellor Dj Nacional e a actuar en festivais como o FIB, Sónar, BBK live ou PortAmérica. Escribiu un libro, é profesora de materiais como produción, industria ou psicoloxía do DJ, radio host... esta galega non para.

Nos vindeiros días seguiranse anunciando artistas para este festival.

As entradas

As entradas para a programación de pago poranse á venda o vindeiro martes, 24 de xullo, dende os 25 euros (máis gastos de xestión), as 1.000 primeiras entradas; a través da páxina web do evento www.caudalfest.es e na plataforma oficial de entradas www.entradasatualcance.com. Agárdase a asistencia dunhas 10.000 persoas.

Un festival sostible e en plena natureza

Como non podía ser doutra forma, o Caudal Fest exponse como unha cita musical sostible e respectuosa co medio ambiente natural, a orilla do río Miño, unha zona que conta ademais cunha gran riqueza patrimonial e histórica: onde a escasos metros do escenario se poderán atopar unha das herencias máis valiosas que deixaron os romanos na cidade, xunto á Muralla, a Ponte e as Termas, que se encontran baixando a calzada romana da vía XIX.

Polo tanto, a filosofía do Caudal Fest é clara: unha aposta vocacional pola diversión, pola esencia da cultura da autenticidade, pola convivencia na natureza e polo respecto, concluíu Méndez, que estivo acompañada ao longo do acto polo Xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López, e dous dos organizadores do evento; Iván Méndez e Fernando Gómez.

Audio

Documento

Multimedia

  • Lugo estrea en setembro o Caudal Fest cun cartel de 1º nivel: Vetusta Morla, Iván Ferreiro, Mala Rodríguez e os acústicos de Andrés Suárez e DePedro

Noticias relacionadas