Lugo estará presente, a través da Rede de Cidades Catedralicias, na Feira Internacional de Turismo Interior

Martes, 16 de novembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Rede de Cidades Catedralicias estará presente na Feira Internacional de Turismo de Interior (INTUR), que se celebrará en Valladolid entre os días 25 e 28 de novembro, para facer difusión da súa proposta de Turismo Cultural: rutas por cidades históricas que posúen catedral.

A oferta cultural de Cidades Catedralicias estrutúrase en tres rutas, organizadas en tres eixes paralelos en dirección Oeste - Este. A Ruta Norte, con nove catedrais e sete cidades, está integrada por: Lugo, León, Burgos, El Burgo de Osma, Tudela, Zaragoza e Lleida. A Ruta Centro, con cinco catedrais e catro cidades: Coria, Plasencia, Ávila e Cuenca. E a Ruta Sur, que reúne seis catedrais de seis cidades: Las Palmas de Gran Canaria, Badajoz, Córdoba, Jaén, Baeza e Orihuela.

En cada unha das rutas ofrécese un rico e diverso percorrido por singulares cidades históricas e a visita dalgunhas das máis significativas catedrais de España, verdadeiras xoias artísticas do patrimonio. Ademais, ofrécese unha ampla e variada oferta cultural e de ocio, zonas de compras en centros históricos tradicionais, unha rica gastronomía que atesoura o saber de séculos e, como non, unha rede hoteleira de alta calidade.

A Rede de Cidades Catedralicias é unha asociación de municipios fundada en Plasencia (Cáceres) en febreiro de 2006 con doce cidades fundadoras. Entre os seus seus obxectivos está a promoción e defensa do patrimonio, especialmente o catedralicio, e a súa difusión mediante accións de política cultural e turística.

O stand de Cidades Catedralicias estará situado no Pavillón nº2, stand nº255, na Feira Internacional de Turismo de Interior (INTUR), se celebrará en Valladolid entre os días 25 e 28 de novembro.

www.ciudadescatedralicias.org

 

Noticias relacionadas