Lugo divertirase comprando cunha nova iniciativa de impulso ao comercio local

Lara Méndez, José María Seijas, José Luis Pérez e José Manuel Balseiro presentaron unha nova campaña de dinamización das compra no centro da cidade, que terá lugar os venres á tarde e os sábados á mañá de abril, maio, xuño e setembro

Xoves, 20 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo divertirase comprando cunha nova iniciativa de impulso ao comercio local

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, o presidente de Lugo Centrum CCA, José Luis Pérez, e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, presentaron este xoves a campaña Divírtete mercando no centro de Lugo. Trátase dunha iniciativa que pretende impulsar este sector e dinamizar as compras no casco histórico da cidade, que arrincará mañá venres, 21 de abril, e se desenvolverá en diversos puntos da cidade durante os venres á tarde e sábado pola mañá, os meses de abril, maio, xuño e setembro. O día 30 deste último mes terá lugar unha gran festa final con distintas actuacións, como sorteos ou actividades deportivas.

No acto de presentación, a rexedora subliñou a importancia do comercio para Lugo, o 80% das empresas do municipio pertencen ao sector servizos, que contribúen a un 14% do PIB e xeran o 16% dos postos de traballo. Así mesmo alabou a capacidade de reiventarse tanto de Lugo Centrum e da Federación de Comercio para activar a  economía local e seguir xerando emprego, unha aposta á que se suma o Concello de Lugo, "porque o que é bon para o sector do comercio é bon para o municipio".

Noticias relacionadas