Lugo despídese do Entroido co tradicional Enterro da Sardiña

Mércores, 01 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo despídese do Entroido co tradicional Enterro da Sardiña

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu este mércores ao tradicional Enterro da Sardiña, organizado pola Asociación Pepe Barreiro coa colaboración do Concello. Tras o velorio, a Santa Compaña saíu en procesión para ir ao encontro da comitiva fúnebre. Despois levouse a cabo o enterro e ao seu remate, léronse os orixinais ferretes, sendo os gañadores desta edición os seguintes:

  • Premio ao mellor estribillo – A Charanga
  • 1º premio - Donald Trump
  • 2º premio – Podemos Arrexuntarnos
  • 3º premio – Can de Loria

Noticias relacionadas